Os Carístidos (Caristiidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas profundas dos océanos.

Platyberyx opalescens

Características editar

O corpo é basicamente cuadrangular, alto e comprimido, cunha cabeza grande, moi alta e con poros mucosos. Escamas pequenas e cicloides. Poden ter ou non liña lateral.

Presentan unha aleta dorsal alta con ampla base que comeza na cabeza e se estende por todo o dorso, con 2-3 espiñas débiles e o resto con radios brandos segmentados; unha aleta anal cuns 20 radios pero sen espiñas, pectorais cuns 20 radios e pelvianas moi longas que se insiren por diante das pectorales, cunha espiña e 5 radios brandos.

Clasificación editar

Divídense en tres xéneros e seis especies:

  • Xénero Caristius (Gill e Smith, 1905)
  • Xénero Paracaristius
  • Xénero Platyberyx (Zugmayer, 1911)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar