Capricornus

(Redirección desde «Capricornio»)

Capricornus ou Capricornio[1] (a cabra metade peixe, símbolo , Unicode ♑) é unha das constelacións do zodíaco, chamada comunmente Capricornio sobre todo no referente á astroloxía. Aínda que ás veces se representa coma unha cabra, xeralmente engádeselle unha cola de peixe.

Capricornus
Capricornus
Nome latino Capricornus
Abreviatura Cap
Xenitivo Capricorni
Simboloxía A Cabra
Ascensión recta 21 h
Declinación −20°
Área 414 graos cadrados

Rango 40°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante δ Cap (Deneb Algedi)

(magnitude ap. 3.0)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +60° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro

Estrelas principais editar

 
Representación medieval de Capricornus

Obxectos Notables do ceo profundo editar

Historia editar

Esta constelación e unha das máis antigas do firmamento, posiblemente a máis antiga. Dende que caeu na área do ceo coñecida coma o mar, foi considerada coma unha cabra mariña (da mesma forma cás sereas). Descricións dunha cabra ou cabra-peixe pódense atopar en táboas da antiga Babilonia datadas cunha antigüidade de máis de tres mil anos. A constelación posiblemente máis antiga polo feito que no hemisferio norte o Solsticio de Inverno ocorre cando o sol esta en Capricornio. Concernente ó renacemento do sol esta rexión do firmamento é bastante importante.

E pola mesma razón, a posición máis meridional do sol, o cal é acadado no solsticio de inverno do hemisferio norte, é coñecido coma Trópico de Capricornio, termo que tamén se emprega para nomea-la liña que fai o sol no mediodía dese solsticio.

Para os primeiros Gregos o pecado acumulado ó longo do ano, causando o incremento da escuridade, xunto evidentemente co descenso do sol e a súa pausa no Solsticio, os antigos gregos refírense a esta rexión do ceo coma A Corte de Augeas, onde se considera ó sol estacionado durante o ano. A causa desta asociación co nome de Augeas non é coñecida actualmente. Quizais a asociación fose feita coas Tarefas de Hércules (ou Heracles) quen tiña que limpa-las cortes de Augeas os cales nunca foran antes limpados. A gradual acumulación de esterco podería ser sinónimo da gradual acumulación de pecados, de tódolos xeitos no período clásico grego este nome caeu en desuso.

Sinalar na precesión dos equinoccios, que no solsticio de decembro non ten lugar cando o sol está sobre Capricornio, pero astroloxicamente o período de Capricornio comeza case ó mesmo tempo có solsticio.

O planeta Neptuno foi descuberto na constelación polo astrónomo xermano Johann Galle, preto de Deneb Algedi (δ Capricorni) no 23 de setembro, 1846, o cal é moi probable xa que Capricornus ten a súa mellor visibilidade ás 4:00 de setembro.

 
Imaxe da constelación de Capricornus.

Mitoloxía editar

Capricornus representa a Amaltea metade cabra, metade peixe, que coidou e alimentou a Zeus cando este era cativo, Rea confiarallo para que o protexese do seu pai Cronos.

Segundo algúns era unha ninfa da Arcadia, para outros unha ninfa en forma de cabra. Amaltea coa súa filla Adrastea criaronna con mel e leite. Tiña uns admirables cornos que derramaban néctar e ambrosía, e cando un deles se lle quebrou, reencheronno de froitos para ofrecerllo a Zeus. É o famoso Corno de Amaltea, símbolo de abundancia e fortuna. A partir dese suceso, Zeus colocouna nunha das constelacións do ceo.

Outra versión do mito de Capricornio reza que Pan (Dionisio), deus dos cazadores e pastores é perseguido pola serpe Tifón, para escapar lanzase ó río Nilo, converténdose en peixe íbice na parte posterior é en macho cabreo na outra. Zeus admira esta estrataxema e elévao ós ceos.

 
Diagrama dunha forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación Capricornus.

Visualización Gráfica editar

As estrelas da constelación de Capricornio poden ser conectadas dun xeito alternativo, onde graficamente se amosa unha cabra.[2]

A cabeza da cabra está formada polo triángulo de estrelas ι Cap, θ Cap, e ζ Cap. O corno da cabra está constituído polas estrelas γ Cap e δ Cap. A estrela δ Cap, na punta do corno é de terceira magnitude.

O rabo da cabra consiste nas estrelas β Cap e α2 Cap: sendo a estrela β Cap de terceira magnitude.

A pata traseira consiste nas estrelas ψ Cap e ω Cap. Ambas estrelas de cuarta magnitude. A pata dianteira esta forma pola estrela 24 Cap e unida ó corpo con η Cap.

Nesta ligazóns ofrécense máis formas de conecta-la constelaciónArquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine..

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. Rey, H. A. (1997). The Stars — A New Way To See Them. Houghton Mifflin (Enlarged World-Wide Edition ed.) (Boston). ISBN 0-395-24830-2. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar