Capitón, bispo

Bispo e santo cristián

San Capitón foi un bispo cristián do século IV, martirizado no Quersoneso e venerado pola Igrexa católica e pola Igrexa ortodoxa. Segundo a tradición local galega, foi tamén o primeiro bispo de Lugo.

San Capitón
Imaxe do santo na fachada da catedral de Lugo, representado entre chamas.
Proceso de canonización
CanonizaciónAnterior á Congregación
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica, Igrexa ortodoxa
Festividade7 de marzo (católica común e ortodoxa), 4 de marzo (diocese de Lugo)

Tradición editar

Segundo a tradición local galega, Capitón sería un discípulo do apóstolo Santiago, elixido por este para ser primeiro bispo de Lugo.[1] A iconografía galega representa ao santo envolto en chamas, seica como martirizado queimado vivo.[2]

Segundo a tradición grega recollida por diversas fontes, Capitón sería un bispo do século IV enviado polo bispo de Xerusalén para evanxelizar os escitas da península de Crimea; os escitas querían unha proba da autenticidade da súa predicación, e lle pediron que entrase nun forno ardente, do que saíu indemne. Tempo despois, un 21 de decembro, sería afogado no río Dniéper por un grupo de pagáns:[3]

Os pagáns pedíronlle un milagre, prometendo aceptar a fe cristiá se o bispo Capitón pasaba a proba [...] O bispo Capitón, con vestimentas sagradas, entrou no forno ardente e permaneceu nel o dobre do tempo acordado. Cando saíu, todos os xentís e os seus fillos foron bautizados [...] Por varios anos san Capitón serviu no Quersoneso. Entón tomou un barco cara a Constantinopla, pero sufriu unha importante tormenta. Levado polo vento, o barco encallou na desembocadura do Dniéper. Bárbaros locais atacaron a embarcación e mataron todos os pasaxeiros, incluíndo san Capitón. Isto sucedeu o 21 de decembro, pero a Igrexa lembra este evento na memoria dos outros santos mártires do Quersoneso (7 de marzo).

Autenticidade editar

 
Icona do século XVII representandos aos bispos mártires do Quersoneso. San Capitón é o terceiro pola esquerda.

Os martiroloxios recollen un bispo mártir chamado «Capitón», mais localizan o seu martirio no Quersoneso. A obra España sagrada de Henrique Flórez rexeita que o santo bispo mártir Capitón fose en realidade bispo de Lugo.[4] Esta é tamén a postura de Vicente Risco,[1] de Ramón Otero Pedrayo,[5] de Amador López Valcárcel,[6] de Vicente de la Fuente,[7] e de Antolín López Peláez:[8]

En ningún Breviario español anterior ao século XVII nin en Martiroloxio algún grego ou romano se expresa que houbera un Bispo de Lugo chamado Capitón [...] Mais é o caso que de San Capitón como Bispo de Lugo non só non fala ningún escritor do primeiro século nin dos dezaseis seguintes até a aparición dos falsos cronicóns [...]

Da tradición grega que sostén a presenza dun bispo chamado «Capitón» existen, porén, restos arqueolóxicos que proban unha veneración xa antiga no Quersoneso da figura deste bispo:[9]

[...] Segundo as Vidas dos bispos do Quersoneso, [Capitón] foi guindado a un forno de cal polos nativos, coa intención de probar a forza da súa relixión. Logo de que o santo se salvase milagrosamente, puido proceder á conversión e ao bautismo dos quersoneses. De feito, baixo unha gran construción en forma de tetraconchos con portas en todas as ábsidas e con restos de mosaicos atopouse un forno para queimar o cal. O achado do tetraconchos (na parte meridional da cidade) tivo lugar a comezos do século XX e a súa documentación arqueolóxica permite —especialmente grazas á tipoloxía da cerámica— datar con precisión o tetraconchos a finais do século VI ou a comezos do VII.

Culto editar

 
Cadeirado do coro da catedral lucense. San Capitón aparece representado na primeira das imaxes pola esquerda da ringleira superior.

A última edición do Martiroloxio Romano daba como data para a festa do bispo mártir Capitón o 7 de marzo, estabelecendo para a Igrexa latina a mesma data que a das igrexas católicas orientais:

Na rexión do Quersoneso, en Grecia, santos bispos Basilio, Uxío, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitón, e Efrén, mártires.[10]
Os santos mártires e bispos do Quersoneso: Basilio, Uxío, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitón, e Efrén, quen predicaron en Crimea e deron as súas vidas pola fe (século IV).[11]

Esta data do 7 de marzo é común coa data na que a Igrexa ortodoxa celebra estes santos.[12][13][14] No calendario particular da diocese de Lugo a súa festa, memoria libre, é no 4 de marzo;[15] deste xeito continúase a tradición dos martiroloxios anteriores, que daban a súa festa no 4 de marzo:

No Quersoneso é o martirio dos santos bispos Basilio, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitón, Efrén, Néstor e Arcadio.[16][17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Risco, Vicente (1952). Historia de Galicia. Galaxia. Las sedes que se dicen erigidas por Santiago (Braga, en San Pedro de Rates; Lugo, en San Capitón [...]) son noticias de los falsos Cronicones 
  2. Dita iconografía, porén, podería facer referencia ao milagre do santo recollido pola tradición grega.
  3. Вендланд, Иоанн (1998). Святые древнего Крыма. Iaroslavl: Отчий дом. pp. 52–54. Но язычники потребовали от него чуда, обещая принять веру Христову, если епископ Капитон выдержит испытание [...] Епископ Капитон в священном облачении вошел в пылающую печь и пробыл в ней вдвое дольше условленного времени. Когда он вышел, то все язычники и их дети крестились [...] Несколько лет святитель Капитон благополучно служил в Херсонесе. Затем он отправился на корабле в Константинополь, но попал в сильную бурю. Ветром корабль прибило к устью Днепра. Местные варвары напали на корабль и убили всех находившихся на нем, в том числе и святителя Капитона. Это произошло 21 декабря, но Церковь вспоминает об этом событии в день памяти других священномучеников Херсонес- ских (7 марта). 
  4. Flórez, Henrique. España sagrada XL. pp. 45 e ss. 
  5. Otero Pedrayo, Ramón (1965). Guía de Galicia. Editorial Galaxia. [...] en el tiempo de los pseudo Cronicones se hacia su fundador al Apóstol y primer obispo a San Capitón [...] 
  6. López Valcárcel 2000, pp. 428-429.
  7. De la Fuente, Vicente (1873). Historia eclesiástica de España II (2ª ed.). Madrid. p. 410. San Capito, Capitón o Agapito, discípulo de Santiago y mártir, primer Obispo de Lugo: apócrifo. 
  8. López Peláez, Antolín (1903). El obispo San Capitón. Burgos: Imprenta y Librería del Centro Católico. p. 23, 28. En ningún Breviario español anterior al siglo XVII ni en Martirologio alguno griego ó romano se expresa que hubiera un Obispo de Lugo llamado Capitón [...] Pero es el caso que de San Capitón como Obispo de Lugo no sólo no habla ningún escritor del primer siglo ni de los diez y seis siguientes hasta la aparición de los falsos cronicones [...] 
  9. Jastrzębowska, Elżbieta (2003). "Il culto di S. Clemente a Chersoneso alla luce della ricerca archeologica". Orientalia Christiana Analecta: Studi su Clemente Romano. Atti degli Incontri di Roma, 29 marzo e 22 novembre 2001 (Roma) (268): 131. ISBN 88-7210-338-X. Secondo le "Vitae degli episcopi di Chersoneso", costui venne gettato in un forno di calce dagli indigeni, intenzionati a mettere alla prova la forza della sua religione. Dopo che il santo si salvò miracolosamente, potè procedere alla conversione ed al battesimo dei Chersonesi. In effetti, sotto una grande costruzione in forma di tetraconchos con porte in tutte le absidi e con resti di mosaici è stato rinvenuto un forno per bruciare la calce. La scoperta del tetraconchos (nella parte meridionale della città) è avvenuta all'inizio del XX sec. e la sua documentazione archeologica ci permette — soprattutto grazie alla tipologia della ceramica — di datare con precisione il tetraconchos alla fine del VI o all'inizio del VII sec. 
  10. Conferencia Episcopal Italiana, ed. (2004). Martirologio Romano. Roma: Libreria Editrice Vaticana. pp. 245–246. ISBN 978-88-209-7925-6. Nel Chersoneso, in Grecia, santi vescovi Basilio, Eugenio, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitone ed Efrem, martiri. 
  11. Metropolitan Cantor Institute (ed.). "Menaion - March 7". archpitt.org (Arquieparquía católica rutena de Pittsburgh). Consultado o 17/08/2019. The holy martyrs and bishops of Cherson: Basil, Eugene, Agathadorus, Elpidius, Aetherius, Capito, and Ephrem, who preached in the Crimea and gave their lives for the Faith. (4th century) 
  12. "Hieromartyr Capiton of Cherson". oca.org (Igrexa ortodoxa en América). Consultado o 16/08/2019. 
  13. "The Holy Martyred Bishops of Cherson: Basileus, Ephraim, Eugene, Capito, Aetherius, Agathodorus, and Elpidius". goarch.org (Arquidiocese ortodoxa grega de América). Consultado o 16/08/2019. 
  14. Olteanu, Antoaneta (2001). Calendarele poporului român. Paideia. p. 139. ISBN 9789738064942. 
  15. Conferencia Episcopal Española (ed.). Calendario litúrgico-pastoral 2016-2017. p. 119. ISBN 978-84-92586-76-9. 
  16. Martirologio romano. 1750. p. 46. Nel Chersoneso è il martirio delli santi Vescovi Basilio, Eugenio, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitone, Efrem, Nestore, ed Arcadio. 
  17. Martirologio romano. 1806. pp. 48–49. Nel Chersoneso è il martirio delli santi Vescovi Basilio, Eugenio, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitone, Efrem, Nestore, ed Arcadio. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar