Captain America

soldado estadounidense
(Redirección desde «Capitán América»)

Captain America (en galego, Capitán América) é un personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación dun superheroe que combatese a Adolf Hitler no bando dos aliados (os EUA aínda non entraran na contenda).

Captain America
Tipomutante Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónCaptain America Comics #1 Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioTerra-616 Editar o valor en Wikidata
Creador/aJack Kirby e Joe Simon Editar o valor en Wikidata
Interpretado porDick Purcell, Matt Salinger e Chris Evans Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementoBrooklyn Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Superpoderforza sobrehumana, resistencia sobrehumana e velocidade sobrehumana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aCaveira Vermelha (pt) Traducir, Barão Zemo (pt) Traducir, Ossos Cruzados (pt) Traducir, Sin (en) Traducir, Rei do Crime (pt) Traducir, Batroc the Leaper (en) Traducir, Arnim Zola (pt) Traducir, Baron Zemo (en) Traducir, Helmut Zemo (en) Traducir, M.O.D.O.K. (pt) Traducir, Vermin (en) Traducir, Madame Hidra (pt) Traducir, Doctor Faustus (en) Traducir, Hate-Monger (en) Traducir, Korath the Pursuer (en) Traducir, Hidra (Marvel Comics) (pt) Traducir, Porcupine (en) Traducir, Solarr (en) Traducir, Serpent Society (en) Traducir e Mister Hyde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmarvel.com… Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: CaptainAmerica Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Primeira época

editar

No nº1 de Captain America Comics, aparecían tamén o seu compañeiro Bucky e o malvado Cranio Vermello.[1] Ese primeiro número saíu á venda o 20 de decembro de 1940. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: Stanley Martin Lieber, quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do Universo Marvel. O derradeiro número desta saga apareceu en 1950 (era o número 75).

A mediados dos anos 50, aparecerían tres números máis de Captain America Comics (do nº76 ó nº78).

Na Era Marvel dos cómics

editar

A principios dos 60, o dúo Stan Lee e Jack Kirby comezaron a Era Marvel dos cómics coas aventuras dos 4 fantásticos. Aproveitaron para volver a lanzar os éxitos da idade de ouro da revista Timely: Namor, a Tea Humana e por suposto o Capitán América. No Strange Tales nº114 (1963), un dos compoñentes dos 4 fantásticos atópase de súpeto co Capitán América, pero este en realidade é o Acróbata, que se disfraza do Capitán para cometer crimes.

O verdadeiro Capitán América volvería definitivamente ós quioscos no número 4 USA dos Vingadores (novembro de 1964). Kirby e Lee decidiron darlle unha colección propia dentro dos Tales of Suspense. Nesa colección de historias curtas, compartía aventuras co Home de Ferro.

Notas e referencias

editar
  1. "Ficha do personaxe na web de Marvel Comics". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2011.