Capela de Mondragón

A capela de Mondragón, tamén coñecida como capela da Piedade ou capela da Santa Cruz, é unha capela da catedral de Santiago de Compostela.

Lamentación sobre Cristo morto, relevo realizado en terracota, na capela de Mondragón.

Historia editar

Foi fundada en 1521 polo cóengo Juan Ibáñez de Mondragón con licenza do arcebispo Alonso III de Fonseca e terminada o ano seguinte. Este influente clérigo chegara a Santiago procedente ao parecer do País Vasco, xa que a orixe da familia era a casa patrucial de Eremuzketa, en Guipúscoa.[1]

O cóengo decidiu establecerse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo: a torre de Ortigueira na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla estaba baleira e comprouna. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en Roma, e outro servía no exército. O cóengo deixou escrito o seu desexo de que trala súa morte o soterrasen nela.[2]

É de estilo gótico flamíxero, típico do século XVI,[3] e foi construída por Xácome Garcia.

Destaca o retablo co relevo en terracota do Descendemento de Cristo ou Lamentación sobre Cristo morto, obra de Miguel Perrín, de Sevilla, do ano 1526.[4] A ambos os lados da parte superior do retablo destaca o escudo da familia Mondragón.

O lugar onde agora está esta capela talvez sexa o que ocupaba unha das portas menores da Catedral, a chamada porta de San Paio.

Notas editar

  1. Seijas Vázquez (1974), p. 154.
  2. Armada Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Euskalnet.
  3. Villa-Amil (1866), p. 124.
  4. Santiago. Catedral na web do Centro Virtual Cervantes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barral Iglesias, Alejandro e Suárez Otero, José (2003): Catedral de Santiago de Compostela y Museo. León: Edilesa. ISBN 84-8012-435-0.
  • Carro Otero, Xosé (1997): Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. ISBN 84-241-3625-X.
  • Seijas Vázqez, Eduardo (1974): Voz "Mondragón" na Gran Enciclopedia Gallega, volume 21, pp. 153–154. Santiago de Compostela: Silverio Cañada. ISBN 84-78286-193-7.
  • Villa-Amil y Castro, José (1866): Descripción histórico-artístico-arqueológica de la catedral de Santiago. Impr. de Soto Freire.

Outros artigos editar