Caneiro (muíño)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Caneiro.
Un caneiro é unha construción civil realizada nun río, que consta dun encoro para reter o curso da auga e asegurar o enchido do cano ou canle que a leva cara á roda dun muíño, o rodicio.
A abundancia de caneiros de muíño e caneiros de pesca nos ríos galegos fai que estes elementos construtivos sexan característicos da paisaxe modificada polos usos humanos tradicionais.
Galería de imaxesEditar
Caneiro no río Xuvia
Caneiro no río Ulla
Caneiro en Portomouro, no río Tambre
Caneiro en Ponte Maceira, no río Tambre