Campos de fresas

libro de Jordi Sierra i Fabra
(Redirección desde «Camps de maduixes»)

Campos de fresas é unha novela de literatura infantil e xuvenil do autor catalán Jordi Sierra i Fabra, publicada en 1997.

Campos de fresas
Autor/aJordi Sierra i Fabra
CubertaJavier Calbet
OrixeEspaña (Barcelona)
LinguaLingua castelá, autotraducido ao catalán[1]
Tema(s)As drogas na xuventude
Xénero(s)Literatura infantil e xuvenil
EditorialEdiciones S. M. (España)
Data de pub.1997
Páxinas144
ISBN9788434852860
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

O libro trata sobre un grupo de mozos que saen de noite e un deles merca cápsulas de deseño. O Señor Salas colle o teléfono e comunícanlle que a súa filla está ingresada no hospital. Cando ve os amigos de Luciana, pregúntalles o que acontecera e os mozos dinlle que só tomara unha cápsula. Luciana queda en coma.

Cando o seu mozo, Eloi, o soubo, vai para o hospital. Ponse moi nervioso e bótalle as culpas a Máximo. Ao mesmo tempo, o inspector de policía Vicente Espina fala cos pais de Luciana e cos mozos para saber que tomara e que acontecera. Eloi comeza a investigar e vai ver a Raúl, quen coñecía o rapaz que vendera as cápsulas. Vai á súa casa, pero só estaba a súa irmá, quen lle di que Raúl ía pasar a fin de semana sen ir a casa. Eloi tamén pasou a visitar a Ana e Paco, e estes dinlle onde está Raúl.

Cintia chama a Loreto, unha das mellores amigas de Luciana, que tiña bulimia. Cando Loreto sabe que Luciana estaba en coma ponse moi triste, pero non pode ir ao hospital no estado no que está. Eloi vai a unha nave abandonada onde hai unha discoteca privada e alí encontra a Raúl, e este dille onde adoitaba estar o traficante de drogas polo miúdo. Eloi chama a Santi, que estaba con Cinta e Máximo, e el dilles que xa sabía onde atopar unha cápsula para axudar a Luciana, pero que sen eles non pode facer nada, polo que quedan nun lugar próximo a onde está o rapaz que as vende.

Mentres tanto, Norma está soa, e un xornalista vai xunto dela e faise pasar por un membro da compañía de desintoxicación. El faille preguntas e Norma responde todas. Despois o periodista faille fotos a Luciana, en segredo, sen permiso de ninguén para publicalas no diario. Eloi únese cos seus compañeiros para ir á discoteca onde debería estar o rapaz que vende as cápsulas. Entran pero non o ven. Saen e sepáranse: Cintia e Santi quedan na porta, Máximo vai arriba e Eloi aos lavabos. Cando entra, ve un corredor con varias portas: o baño masculino, o feminino, e algunha máis. Entra no dos homes pero non hai ninguén. Despois mira no das mulleres. Discretamente escoita tras dunha das portas home falar sobre cápsulas. Eloi espera onda a porta e poucos segundos despois sae un home do lavabo. Eloi ségueo pero o rapaz decátase e bota a correr.

O traficante sae á estrada e os catro mozos ségueno. Á persecución únense o inspector e o seu axudante, que estaban esperándoo. O rapaz cae e morre, e as cápsulas caen nun sumidoiro. Eloi desanímase moito xa que o seguían para poder comprarlle unha cápsula para axudar a Luciana. Cando chega Cintia, que ía tras deles, ensínalles unha cápsula que collera do chan mentres corrían. Poucos momentos despois Luciana desperta do coma, despois de gañar a súa imaxinada partida de xadrez.

Orixe editar

O libro está inspirado en dúas historias de dúas mozas de 18 anos, Leah Betts, que morreu os cinco días de estar en coma e Helen Cousins, que despertou aos dous meses de estar en coma. A primeira frase que dixo foi: "Non bailedes coa morte".

Notas editar