Pedro Campos Couceiro

político español
(Redirección desde «Campos Couceiro»)

Pedro Campos Couceiro, nado en Meavía (Forcarei) en 1871 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954, foi un político galego.

Pedro Campos Couceiro
Nacemento1871
Lugar de nacementoForcarei
Falecemento10 de xaneiro de 1954
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Arxentina en 1887 e aínda que retornou en 1895 só por uns meses, instalouse definitivamente en San Juan onde casou e tivo doce fillos.

En 1921, xa viúvo, trasladouse a Bos Aires, e participou na creación da sociedade dos emigrantes da Terra de Montes, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922. A Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, na parroquia de Quintillán, inaugurando en 1928. Pedro Campos e Manuel Pichel foron os directores de Umia y Lérez a publicación mensual da Sociedade, que apareceu en 1923.

Asociouse ao Centro Galego e coa Sociedade de Forcarei, integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, sendo elixido para a súa Executiva. Afiliado a Sociedade Nazonalista Pondal, apareceron en A Fouce algúns escritos seus en 1930.

Proclamada a República, a FSG enviouno a Galicia como representante da emigración con Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Chegou a Galicia a finais de maio de 1931. Participou, con Alonso Ríos, na efémera proclamación da I República Galega. Regresou a Arxentina en 1932.

Colaborou en Raza Celta, Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo. En 1939 promoveu unha campaña entre as entidades galegas da Arxentina, para que se dirixiran ás casas anunciadoras pedíndolles que non contrataran artistas para ridiculizar aos galegos.

Finou no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954.[1]

Notas editar

  1. Opinión Gallega, 147, xaneiro 1954, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar