Campo da Graça

estadio de fútbol de Salvador, Baía

O Campo da Graça, oficialmente Estadio Arthur Morais, foi un estadio de fútbol inaugurado en 1920 en Salvador, no estado brasileiro de Baía.[1]

Estadio Arthur Morais
Datos
Localización Salvador, Baía
Construción
Inauguración1920
Estadio
Capacidade7000
LocalíaGalícia Esporte Clube
Bahia
Vitória
Ypiranga

Historia editar

Foi durante anos o maior estadio de Baía, con capacidade para máis de 7000 espectadores,[2] e nel xogaban varios dos meirandes clubs de Salvador como o Galícia, o Bahia, o Vitória, o Ypiranga ou o Guarany entre outros. Foi tamén no Campo da Graça onde tivo lugar o primeiro Ba-Vi, o derbi entre o Bahia e o Vitória, en 1932, con vitoria do Bahia por 3-0.[3] Dous anos despois acolleu un encontro entre o Galícia e a selección brasileira que rematou 10-4 a favor da canarinha.[4]

O Bahia xogou no Campo da Graça ata 1951, cando se inaugurou a Fonte Nova. O Campo da Graça foi perdendo protagonismo fronte a outros estadios, ata que finalmente o Vitória e o Galicia deixaron de disputar alí os seus partidos e construíron os seus propios estadios.

Notas editar

  1. "Salvador Presente: nossos pontos de encontro". correio24horas.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  2. "Flamendo x Fluminense – Campo da Graça – Salvador-BA" (en portugués). Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  3. "10 de abril de 1932: O primeiro Ba-Vi da história" (en portugués). 10 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  4. "BRASIL 10x4 GALÍCIA". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021.