Campionato de Galicia de fútbol 1923/24
O Campionato de Galicia da Serie A 1923/24 foi a décima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1923 e rematou en marzo de 1924. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo disputouse en dúas fases. Na primera fase competiron os seis equipos dividos en tres grupos de dous equipos cada un, agrupados por proximidade xeográfica, dos que resultou un equipo vencedor e un equipo derrotado por cada grupo. Na segunda fase foron agrupados os tres vencedores da fase de grupos e pelexaron polos tres primeiros postos do campionato. Do mesmo xeito, os tres equipos derrotados competiron polos tres últimos postos e un premio de consolación para o cuarto clasificado. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas.[2] Proclamouse campión o Celta de Vigo.[3]
Fase de gruposEditar
Grupo AEditar
CalendarioEditar
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 de outubro | Barreiro | Unión Sporting | Celta de Vigo | 0–2 | Informe |
2 | 14 de outubro | Coia | Celta de Vigo | Unión Sporting | 7–0 | Informe |
ClasificaciónEditar
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Celta de Vigo | 2 | 2 | 0 | 0 | 9 | 0 | +9 | 4 | Clasificación para a fase final (vencedores) |
2. | Unión Sporting | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 9 | −9 | 0 | Clasificación para a fase final (derrotados) |
Grupo BEditar
CalendarioEditar
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 de outubro | Pasarón | Pontevedra Athletic | Eiriña | 1–5 | Informe |
2 | 14 de outubro | O Progreso | Eiriña | Pontevedra Athletic | 1–2 | Informe |
ClasificaciónEditar
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Eiriña | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 3 | +3 | 2 | Desempate |
Pontevedra Athletic | 2 | 0 | 0 | 2 | 3 | 6 | −3 | 2 |
DesempateEditar
Eiriña | 2 - 2 | Pontevedra Athletic | 20 de outubro de 1923 – O Progreso, Pontevedra |
Informe |
|||
Pontevedra Athletic | 0 - 1 | Eiriña | 23 de outubro de 1923 – O Progreso, Pontevedra |
Informe |
|||
Grupo CEditar
CalendarioEditar
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 de outubro | Riazor | Deportivo da Coruña | Racing de Ferrol | 1–1 | Informe |
2 | 14 de outubro | Caranza | Racing de Ferrol | Deportivo da Coruña | 1–1 | Informe |
ClasificaciónEditar
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Racing de Ferrol | 2 | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 0 | 2 | Desempate |
Deportivo da Coruña | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 2 | 0 | 2 |
DesempateEditar
Racing de Ferrol | 3 - 1 | Deportivo da Coruña | 17 de febreiro de 1924 – Caranza, Ferrol |
Informe |
|||
Fase finalEditar
VencedoresEditar
CalendarioEditar
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 28 de outubro | Caranza | Racing de Ferrol | Celta de Vigo | 2–3 | Informe |
2 | 4 de novembro | O Progreso | Eiriña | Racing de Ferrol | 1–2 | Informe |
3 | 11 de novembro | Coia | Celta de Vigo | Eiriña | 5–0 | Informe |
4 | 2 de decembro | Coia | Celta de Vigo | Racing de Ferrol | 7–1 | Informe |
5 | 9 de decembro | Caranza | Racing de Ferrol | Eiriña | 6–1 | Informe |
6 | 16 de decembro | O Progreso | Eiriña | Celta de Vigo | 0–5 | Informe |
ClasificaciónEditar
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Celta de Vigo | 2 | 4 | 0 | 0 | 20 | 3 | +17 | 8 | Clasificación para a Copa de España 1924 |
2. | Racing de Ferrol | 2 | 2 | 0 | 2 | 11 | 12 | −1 | 4 | |
3. | Eiriña | 2 | 0 | 0 | 4 | 2 | 18 | −16 | 0 |
DerrotadosEditar
CalendarioEditar
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 24 de febreiro | Barreiro | Unión Sporting | Deportivo da Coruña | 2–2 | Informe |
2 | 2 de marzo | Riazor | Deportivo da Coruña | Pontevedra Athletic | 4–0 | Informe |
3 | 11 de novembro | Pasarón | Pontevedra Athletic | Unión Sporting | 8–1 | Informe |
4 | 9 de marzo | Riazor | Deportivo da Coruña | Unión Sporting | 4–0 | Informe |
5 | 16 de marzo | Pasarón | Pontevedra Athletic | Deportivo da Coruña | 2–0 | Informe |
6 | 16 de decembro | Barreiro | Unión Sporting | Pontevedra Athletic | 1–1 | Informe |
ClasificaciónEditar
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4. | Pontevedra Athletic | 2 | 2 | 1 | 1 | 11 | 6 | +5 | 5 | Desempate |
Deportivo da Coruña | 2 | 2 | 1 | 1 | 10 | 4 | +6 | 5 | ||
6. | Unión Sporting | 2 | 0 | 2 | 2 | 4 | 15 | −11 | 2 |
DesempateEditar
Pontevedra Athletic | 3 - 1 | Deportivo da Coruña | 17 de marzo de 1924 – O Progreso, Pontevedra |
Informe |
|||
Clasificación finalEditar
Pos | Equipo | Clasificación ou descenso |
---|---|---|
1. | Celta de Vigo | Clasificación para a Copa de España 1924 |
2. | Racing de Ferrol | |
3. | Eiriña | |
4. | Pontevedra Athletic | |
5. | Deportivo da Coruña | |
6. | Unión Sporting |
ControversiasEditar
Descualificación e readmisión do DeportivoEditar
Tralo nacemento do Celta de Vigo no verán de 1923 mediante a fusión dos clubs Vigo Sporting e Fortuna de Vigo, os xogadores Otero, Chiarroni e Ramón González, que ata ese momento formaran parte do Vigo Sporting, decidiron non se incorporar ó novo club e fichar polo Deportivo da Coruña. O Celta denunciou ó Deportivo por suborno e a Federación Galega de Fútbol suspendeu durante unha tempada os tres xogadores e mailo Deportivo.[4] Esta decisión, tomada co campionato xa iniciado, levou a que o Racing de Ferrol, que estaba pendente de xoga-lo desempate do Grupo C fronte ó Deportivo, fose proclamado vecendor do grupo, clasificándose para xoga-la fase final dos vencedores de grupo.[5] Na devandita fase final proclamaríase campión o Celta.[6]
Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[7][8] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[9] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[10] na que acordou por maioría acepta-lo veredicto da RFEF.[11]
O Deportivo foi readmitido e xogou o desempate do Grupo C fronte ó Racing,[12] resultando gañador o equipo ferrolán, razón pola cal a fase final dos vencedores non sufriu modificacións e o Celta proclamouse campión de xeito oficial.[3]
NotasEditar
- ↑ Copa del Rey Alfonso XIII 1924 linguasport.com
- ↑ "De Sport. La asamblea extraordinaria. El calendario deportivo". La Libertad nº 926 (en castelán). 9 de agosto de 1923. p. 3.
- ↑ 3,0 3,1 "El Racing vence al Deportivo". El Pueblo Gallego nº 20 (en castelán). 19 de febreiro de 1924. p. 11.
- ↑ "Ecos deportivos. El pleito del día". Galicia: diario de Vigo nº 384 (en castelán). 25 de outubro de 1923. p. 6.
- ↑ "Federación Gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 385 (en castelán). 26 de outubro de 1923. p. 6.
- ↑ "De Sport. El Campeonato de la serie A. El Celta, campeón de Galicia". Progreso: diario independiente nº 3.300 (en castelán). 20 de decembro de 1923. p. 2.
- ↑ "El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española". El Ideal Gallego nº 1.952 (en castelán). 23 de decembro de 1923. p. 3.
- ↑ "Ecos deportivos. Un fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 437 (en castelán). 26 de decembro de 1923. p. 6.
- ↑ "Ecos deportivos. El pleito gallego. Fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 461 (en castelán). 23 de xaneiro de 1924. p. 6.
- ↑ "Federación gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 469 (en castelán). 1 de febreiro de 1924. p. 6.
- ↑ "Deportes. Asamblea de la Federación Gallega". El Ideal Gallego nº 1.993 (en castelán). 12 de febreiro de 1924. p. 3.
- ↑ "Deportes. El nuevo calendario del campeonato gallego". El Ideal Gallego nº 1.994 (en castelán). 13 de febreiro de 1924. p. 3.