Campionato de Galicia de fútbol 1920/21

O Campionato de Galicia da Serie A 1920/21 foi a sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1921 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Pontevedra Athletic Club e o Real Alfonso XIII de Vilagarcía. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Real Alfonso retirouse do campionato antes da súa conclusión,[2][3] após ser sancionado co peche do seu campo ata a fin da tempada[4] por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro na Lomba fronte ó Vigo Sporting.[5] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[2][6]

Calendario editar

Primeira volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 9 de xaneiro Pasarón Pontevedra Athletic Vigo Sporting 3–4 Informe
2 16 de xaneiro Riazor Deportivo da Coruña Vigo Sporting 1–2 Informe
3 23 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Athletic 4–0 Informe
4 30 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Deportivo da Coruña 8–0 Informe
5 6 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Pontevedra Athletic 3–0 Informe
5 6 de febreiro Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 2–0 Informe

Segunda volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
6 13 de febreiro Coia Vigo Sporting Pontevedra Athletic 4–0 Informe
7 20 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 0–1 Informe
8 27 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Fortuna de Vigo 0–1 Informe
9 6 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Fortuna de Vigo 2–0 Informe
9 6 de marzo Coia Vigo Sporting Deportivo da Coruña 4–1 Informe
10 13 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Deportivo da Coruña (1) Informe
(1) A vitoria foi outorgada ó Pontevedra Athletic por non se presenta-lo Deportivo da Coruña.[2]

Partidos anulados editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 9 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Real Alfonso 7–1 Informe
2 16 de xaneiro Pasarón Pontevedra Athletic Real Alfonso 1–0 Informe
3 23 de xaneiro A Lomba Real Alfonso Deportivo da Coruña 1–1 Informe
4 30 de xaneiro A Lomba Real Alfonso Vigo Sporting    1–3(2) Informe
(2) O partido foi suspendido no descanso.[5]

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Fortuna de Vigo 8 7 0 1 16 2 +14 14 Clasificación para a Copa de España 1921
2. Vigo Sporting 8 6 0 2 14 8 +6 12
3. Pontevedra Athletic 8 4 0 4 5 15 −10 8
4. Deportivo da Coruña 8 3 0 5 5 15 −10 6
5. Real Alfonso 4 0 1 3 3 12 −9 0 Retirado

Os puntos dos partidos do Real Alfonso foron concedidos ós seus rivais trala retirada.[2]

Notas editar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1921 linguasport.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "De Sport. Campeonato gallego". Diario de Pontevedra nº 11.091 (en castelán). 14 de marzo de 1921. p. 1. 
  3. "Notas de Sport". Acción Coruñesa nº 16 (en castelán). 14 de febreiro de 1921. p. 8. 
  4. "De Sport". Progreso: diario independiente nº 2.703 (en castelán). 6 de febreiro de 1921. p. 2. 
  5. 5,0 5,1 "De Sport. En la Lomba". Diario de Pontevedra nº 11.056 (en castelán). 31 de xaneiro de 1921. p. 2. 
  6. "El Real Fortuna F.C. campeón de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.184 (en castelán). 1 de marzo de 1921. p. 2.