Campionato de Galicia de fútbol 1916/17

O Campionato de Galicia 1916/17 foi a terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1917 e rematou en abril do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña e o Deportivo Auténtico.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas.[2] Proclamouse campión o Vigo Sporting.[3][4]

Calendario editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 11 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 2–0 Informe
1 11 de febreiro Riazor Deportivo Auténtico R.C. Coruña    1–1(1) Informe
2 4 de marzo Monelos R.C. Coruña Vigo Sporting 2–3 Informe
2 4 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Deportivo Auténtico 5–0 Informe
3 11 de marzo Coia Vigo Sporting R.C. Coruña 7–1 Informe
3 ? Riazor Deportivo Auténtico Fortuna de Vigo ?–?
4 18 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 1–1 Informe
4 18 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo Auténtico 1–1 Informe
5 25 de marzo Riazor Deportivo Auténtico Vigo Sporting 1–1 Informe
5 ? Bouzas Fortuna de Vigo R.C. Coruña ?–?
6 1 de abril Coia Vigo Sporting Deportivo Auténtico (2) Informe
6 ? Monelos R.C. Coruña Fortuna de Vigo ?–?
(1) A vitoria foi outorgada ó R.C. Coruña porque o Deportivo Auténtico cometeu aliñación indebida.[5]
(2) O Deportivo Auténtico non se presentou e o Vigo Sporting foi proclamado campión.[3][4]

Notas editar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1917 linguasport.com
  2. 2,0 2,1 "La región. Orense". Diario de Galicia nº 2.617 (en castelán). 10 de febreiro de 1917. p. 2. 
  3. 3,0 3,1 "Notas de Sport". El Noroeste nº 9.998 (en castelán). 3 de abril de 1917. p. 1. 
  4. 4,0 4,1 "Los deportes. Vigo. El campeonato gallego de balompié". El Día: diario de la noche nº 13.299 (en castelán). 4 de abril de 1917. p. 3. 
  5. "El campeonato gallego". Madrid-Sport nº 25 (en castelán). 22 de marzo de 1917. p. 11.