Un Medio Ironman, tamén chamado Ironman 70.3, é unha da serie de carreiras de tríatlon de longa distancia organizadas pola World Triathlon Corporation (WTC).

Campionato Mundial de Medio Ironman
Fundación2006
Actual campiónMasculino:
Alemaña Jan Frodeno
Feminino:
Suíza Daniela Ryf
Máis laureadoDaniela Ryf
OrganizadorWorld Triathlon Corporation
Sitio webeu.ironman.com

O "70.3" refírese á distancia total en millas (113,0 km) que cubre a carreira, a cal consiste en 1,9 km de natación, 90 km en bicicleta e un medio maratón (aproximadamente 21,1 km de carreira a pé). Cada unha das tres distancias é a metade das distancias que se corren nun Ironman. As series de carreiras culminan cada ano co Campionato Mundial de Medio Ironman, para o que os competidores se cualifican durante as probas dos 12 meses anteriores. Ademais da carreira do Campionato Mundial, celébranse campionatos de Ironman para as rexións europea, Asia-Pacífico, e Latinoamérica.[1]

Campionato Mundial de Medio Ironman editar

A cualificación para o Campionato Mundial de Medio Ironman pódese conseguir a través das diferentes probas de medio Ironman celebradas durante os 12 meses anteriores. Algunhas probas de medio Ironman tamén puntúan para o Campionato Mundial de Ironman (de distancia completa), que se celebra en Hawai.[2]

Para a clasificación téñense en conta os 5 mellores resultados do ano de cada atleta. Os 50 homes e 35 mulleres con maior puntuación ao final da tempada son os que pasan a disputar a carreira polo campionato[3]

Dende o seu primeiro ano como campionato con varias carreiras, en 2006, até 2010, os Campionatos Mundiais de Medio Ironman celebráronse en Clearwater, Florida, durante o mes de novembro. En 2011, celebrouse en Las Vegas, en setembro. A partir de 2014 a localización muda cada ano.

Palmarés masculino editar

Ano   Ouro   Prata   Bronce
2006   Craig Alexander   Simon Lessing   Richie Cunningham
2007   Andy Potts   Oscar Galíndez   Andrew Johns
2008   Terenzo Bozzone   Andreas Raelert   Richie Cunningham
2009   Michael Raelert   Daniel Fontana   Matt Reed
2010   Michael Raelert   Filip Ospalý   Timothy O'Donnell
2011   Craig Alexander   Chris Lieto   Jeff Symonds
2012   Sebastian Kienle   Craig Alexander   Bevan Docherty
2013   Sebastian Kienle   Terenzo Bozzone   Joe Gambles
2014   Javier Gómez Noya   Jan Frodeno   Tim Don
2015   Jan Frodeno   Sebastian Kienle   Javier Gómez Noya
2016   Timothy Reed   Sebastian Kienle   Ruedi Wild
2017   Javier Gómez Noya   Ben Kanute   Tim Don
2018   Jan Frodeno   Alistair Brownlee   Javier Gómez Noya
2019   Gustav Iden[4]   Alistair Brownlee   Rodolphe Von Berg

Campionato feminino editar

Ano   Ouro   Prata   Bronce
2006   Samantha McGlone   Lisa Bentley   Mirinda Carfrae
2007   Mirinda Carfrae   Samantha McGlone   Leanda Cave
2008   Joanna Zeiger   Mary Beth Ellis   Becky Lavelle
2009   Julie Dibens   Mary Beth Ellis   Magali Tisseyre
2010   Jodie Swallow   Leanda Cave   Magali Tisseyre
2011   Melissa Rollison   Karin Thürig   Linsey Corbin
2012   Leanda Cave   Kelly Williamson   Heather Jackson
2013   Melissa Hauschildt   Heather Jackson   Annabel Luxford
2014   Daniela Ryf   Jodie Swallow   Heather Wurtele
2015   Daniela Ryf   Heather Wurtele   Anja Beranek
2016   Holly Lawrence   Melissa Hauschildt   Heather Wurtele
2017   Daniela Ryf   Emma Pallant   Laura Philipp
2018   Daniela Ryf   Lucy Charles   Anne Haug
2019   Daniela Ryf   Holly Lawrence   Imogen Simmonds

Lugar editar

Ano Localización
2006–2010   Clearwater, Florida
2011–2013   Henderson, Nevada
2014   Mont-Tremblant, Quebec
2015   Zell Son Ver-Kaprun
2016   Mooloolaba, Queensland
2017   Chattanooga, Tennessee
2018   Nelson Mandela's Bay
2019   Niza
2020   Taupo

Notas editar

  1. "Ironman 70.3 Panama 2012". www.triathlonbusiness.com (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "FAQs". www.ironman.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  3. "Cualificación". www.ironman.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  4. "Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto". Pontevedra Viva. 8 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2019. 

Ligazóns externas editar