Campionato Mancomunado Galaico-Ástur 1935/36

O Campionato Mancomunado Galaico-Ástur 1935/36 foi a segunda e derradeira edición do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur de fútbol. Comezou en setembro de 1935 e rematou en novembro do mesmo ano. Partiparon o Oviedo, o Stadium Avilesino, o Sporting de Xixón, o Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Celta de Vigo. Proclamouse campión o Oviedo e subcampión o Unión Sporting Club.[1]

Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias) 1935/36
Liga Campionato Superrexional
Deporte Fútbol
Duración De setembro a novembro de 1935
Equipos 6
Campión Asturias Real Oviedo
← 1934-35

Os seis equipos participantes clasificábanse para a Copa de España. Os dous primeiros postos outorgaban a clasificación directa para os oitavos de final, sempre que fosen ocupados por equipos da Primeira División ou por equipos que acadasen a fase final da Segunda División.[2] En caso de que isto non se cumprise, o dereito pasaría ós seguintes clubs que cumprisen as devanditas condicións,[2] feito polo cal o Celta de Vigo obtivo a clasificación directa malia finalizar en cuarta posición, xa que o Unión Sporting e o Sporting de Xixón non se deron clasificado para a fase final da Segunda División e o cadro celtista si que o conseguiu.[3]

Calendario editar

Primeira volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 1 de setembro A Florida Unión Sporting Deportivo da Coruña 5–1 Informe
1 1 de setembro Las Arobias Stadium Avilesino Oviedo 2–1 Informe
1 1 de setembro El Molinón Sporting de Xixón Celta de Vigo 6–0 Informe
2 8 de setembro Buenavista Oviedo Unión Sporting 6–0 Informe
2 8 de setembro Riazor Deportivo da Coruña Sporting de Xixón 2–1 Informe
2 8 de setembro Balaídos Celta de Vigo Stadium Avilesino 6–2 Informe
3 15 de setembro Las Arobias Stadium Avilesino Unión Sporting 1–3 Informe
3 15 de setembro Balaídos Celta de Vigo Deportivo da Coruña 2–1 Informe
3 15 de setembro El Molinón Sporting de Xixón Oviedo 0–5 Informe
4 22 de setembro A Florida Unión Sporting Sporting de Xixón 3–2 Informe
4 22 de setembro Riazor Deportivo da Coruña Stadium Avilesino 2–1 Informe
4 22 de setembro Buenavista Oviedo Celta de Vigo 8–2 Informe
5 29 de setembro Balaídos Celta de Vigo Unión Sporting 3–4 Informe
5 29 de setembro Riazor Deportivo da Coruña Oviedo 0–5 Informe
5 29 de setembro El Molinón Sporting de Xixón Stadium Avilesino 5–0 Informe

Segunda volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
6 6 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Unión Sporting 1–0 Informe
6 6 de outubro Buenavista Oviedo Stadium Avilesino 7–0 Informe
6 6 de outubro Balaídos Celta de Vigo Sporting de Xixón 3–2 Informe
7 13 de outubro A Florida Unión Sporting Oviedo 1–2 Informe
7 13 de outubro El Molinón Sporting de Xixón Deportivo da Coruña 7–0 Informe
7 13 de outubro Las Arobias Stadium Avilesino Celta de Vigo 3–2 Informe
8 20 de outubro A Florida Unión Sporting Stadium Avilesino 5–2 Informe
8 20 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Celta de Vigo 2–1 Informe
8 20 de outubro Buenavista Oviedo Sporting de Xixón 3–2 Informe
9 27 de outubro El Molinón Sporting de Xixón Unión Sporting 2–1 Informe
9 27 de outubro Las Arobias Stadium Avilesino Deportivo da Coruña 3–0 Informe
9 27 de outubro Balaídos Celta de Vigo Oviedo 1–1 Informe
10 3 de novembro A Florida Unión Sporting Celta de Vigo 0–0 Informe
10 3 de novembro Buenavista Oviedo Deportivo da Coruña 4–0 Informe
10 3 de novembro Las Arobias Stadium Avilesino Sporting de Xixón 3–1 Informe

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Oviedo 10 8 1 1 43 9 +34 17 Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1/8 de final)
2. Unión Sporting 10 5 1 4 22 20 +2 11 Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1ª rolda)
3. Sporting de Xixón 10 4 0 6 28 20 +8 8
4. Celta de Vigo 10 3 2 5 20 29 −9 8 Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1/8 de final)
5. Stadium Avilesino 10 4 0 6 18 33 −15 8 Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1ª rolda)
6. Deportivo da Coruña 10 4 0 6 9 29 −20 8

Táboa de descenso editar

Nesta tempada, o descenso foi calculado mediante a suma dos puntos acadados na competición de liga da Segunda División e mais no Campionato Superrexional, descendendo o equipo co menor número de puntos trala realización da suma, o cal pasaría a xoga-lo campionato territorial de primeira categoría correspondente, deixando de participar no Campionato Superrexional e na Segunda División.[4][5] O equipo que rematou na última posición despois de face-la suma foi o Unión Sporting, o cal non puido evita-lo descenso a pesar de rematar subcampión do torneo superrexional.[6] O Oviedo non entrou neste cómputo por ser integrante da Primeira División.

Pos Equipo Pts liga Pts superr. Pts total
1. Celta de Vigo 18 8 26
2. Sporting de Xixón 16 8 24
3. Stadium Avilesino 14 8 22
4. Deportivo da Coruña 11 8 19
5. Unión Sporting 7 11 18

Notas editar

  1. "El Oviedo, vencedor; el Unión, segundo". El Pueblo Gallego nº 3.703 (en castelán). 5 de novembro de 1935. p. 4. 
  2. 2,0 2,1 "El colista puede descender... pero el campeón y sub-campeón pueden no ir a los octavos de final de la Copa" (PDF). Mundo Deportivo nº 4799 (en castelán). 7 de novembro de 1935. p. 3. 
  3. "El Celta, con su empate del Molinón, se clasificó campeón del grupo y octavofinalista de la Copa de España". El Pueblo Gallego nº 3.876 (en castelán). 11 de febreiro de 1936. p. 4. 
  4. "Cómo se jugarán las competiciones oficiales en la próxima temporada". Heraldo de Madrid nº 15.408 (en castelán). 20 de xullo de 1935. p. 5. 
  5. "Elogio de una fórmula criticada" (PDF). Mundo Deportivo nº 4.795 (en castelán). 3 de novembro de 1935. p. 3. 
  6. "El Unión, excluido de la categoría nacional". El Pueblo Gallego nº 4.011 (en castelán). 19 de xuño de 1936. p. 5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar