Campaña de intriga

formato publicitario
(Redirección desde «Campaña de prelanzamento»)

A campaña de intriga (coñecida en inglés como teaser), tamén coñecida como campaña de prelanzamento, é un formato publicitario que funciona como anticipo dunha campaña, ofrecendo só un anaco de información. É unha técnica adoita no lanzamento dun produto ou servizo e pode adoptar diversos formatos como páxinas web en desenvolvemento ou anuncios enigmáticos nos que nunca se chega a desvelar a identidade do anunciante responsable nin cal é o produto ou servizo promocionado. Deste xeito, a mensaxe publicitaria exponse como un enigma, co obxectivo de xerar curiosidade e expectación nos usuarios e, aproveitando a viralidade propia de Internet, asegurarse repercusión nos medios unha vez que se resolva a historia ou se complete a mensaxe en anuncios posteriores.[1]

Este cartel forma parte dunha campaña da Universidade Algoma, co obxectivo de ilustrar as virtudes administrativas e académicas dunha universidade con relativamente poucos estudantes.

Concepto editar

Os avances de intriga, diferentes dos típicos «avances de filmes», son usualmente moi curtos en duración (entre 30-60 segundos) e adoitan conter pouco material real do filme. Os avances de intriga son frecuentes e feitos para filmes moi populares e de alto orzamento. O seu propósito non é tanto dicirlle á audiencia sobre o contido dun filme, senón facerlle saber que o filme se achega no futuro próximo, e engadir publicidade ó vindeiro lanzamento. Os avances de intriga son a miúdo feitos mentres o filme está en produción ou sendo editado e como resultado pódese presentar escenas ou versións alternativas de escenas que non están no filme acabado. Outros (notablemente os filmes de Pixar) teñen escenas feitas soamente para usalas nos avances. Os avances de intriga de hoxe en día son frecuentemente o foco de atención en Internet e son descargables.

Notas editar

  1. "¿Qué es Teaser o una Campaña de Intriga?" (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar