Campaña da Caprecórneca

obra literaria de Luis Otero Pimentel

Campaña da Caprecórneca: novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca é unha novela en lingua galega de Luis Otero y Pimentel, publicada orixinalmente por entregas na revista Follas Novas da Habana entre outubro e decembro de 1898, e como volume de seu, ese mesmo ano.

Campaña da Caprecórneca
novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca
Autor/aLuis Otero y Pimentel
OrixeCuba
Linguagalego
Xénero(s)novela por entregas
EditorialImp. "El Comercio Tipográfico", Amargura 32, Habana
Data de pub.1898
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Trátase dunha novela "de escaso valor literario ou lingüístico" mais de grande interese dada a súa temática onírica e paranormal, que a converten en precursora da narrativa fantástica nas letras galegas.

Na época na que se publica A campaña da Caprecórneca, en ningunha das linguas ibéricas, cando menos, se seguen camiños tan distantes e tan desprendidos da realidade social ou histórica. - Modesto Hermida

A obra foi reimpresa en 1994 pola editorial Galaxia e incluída na colección Narrativa de Onte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar