Camp de rugbi La Teixonera

O Camp de rugbi La Teixonera é un recinto deportivo no barrio homónimo de Barcelona no que xoga os seus encontros como local a sección de rugby do Futbol Club Barcelona, da División de Honra de Rugby. Forma parte do complexo deportivo Vall d'Hebron-Teixonera de titularidade municipal, inaugurado en 2009, que conta tamén con campos de fútbol e pádel.[1]

Camp de rugbi La Teixonera
Datos
LocalizaciónBarcelona
Construción
Inauguración2009
Estadio
SuperficieHerba sintética
Capacidade240 asentos
LocalíaFutbol Club Barcelona

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar