Caminomorisco (en estremeño Caminomoriscu) é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes.

Modelo:Xeografía políticaCaminomorisco
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°19′35″N 6°17′26″O / 40.326388888889, -6.2905555555556Coordenadas: 40°19′35″N 6°17′26″O / 40.326388888889, -6.2905555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Cáceres Editar o valor em Wikidata
CapitalCaminomorisco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.132 (2023) Editar o valor em Wikidata (7,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie147,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude491 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGervasio Martin Gomez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10620 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE10041 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcaminomorisco.es Editar o valor em Wikidata

O concello ten a súa capital na localidade de Caminomorisco, chamada antigamente Las Calabazas.

Historia editar

 
Estela de Arrocerezo.

O concello de Caminomorisco posúe numerosos restos épocas prehistóricas, sobre todo do Calcolítico e da Idade de Bronce. En varios lugares (Candelario, La Jareta, Madroñal, Romanzano, Escugoso...) apareceron restos líticos, como machados ou puntas de frecha. Tamén se atoparon fragmentos de cerámica e enterramentos. De grande interese son os ídolos-estelas atopados en Arrocerezo, Vamesto, Cugoso, Los Tesitos, La Coronita...

Quedan algunhas pegadas deixadas polos romanos, pero de menor importancia.

No século XIII, o lugar de Las Calabazas, xunto coa chamada "Dehesa de Jurde", pasou a depender de La Alberca (provincia de Salamanca), por unha concesión que fixo a esta vila o infante D. Pedro, señor de Granada, hoxe Granadilla. Os habitantes da comarca preitearon e rebeláronse continuamente contra as ordenanzas de La Alberca, pero seguiron dependendo dela ata o século XIX.

Coa caída do Antigo Réxime a localidade constitúese en concello, integrado en Estremadura, co nome de Camino Morisco.[1]

Patrimonio editar

  • Igrexa parroquial, baixo a advocación de San Xosé
  • A Casa da Cultura de Caminomorisco, de nova planta, construíuse segundo a arquitectura popular de Las Hurdes, utilizando os mesmos materiais, pedra e lousa.
  • Existen rotas de sendeirismo en diferentes áreas do concello.
  • Piscina natural no río Alavea.

Cultura editar

Festas editar

No concello de Caminomorisco celébranse o San Cristovo (10 de xullo), Cristo do Camiño (terceiro domingo de agosto e Virxe do Pilar (12 de outubro).

Demografía editar

Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías (casais en galego). Existen dous casais abandonados, Arrocerezo (en estremeño Arrocerezu) e Arrofranco (en estremeño Arrofrancu).

Caminomorisco tiña censados en 1981 721 habitantes no núcleo principal, pasando a 757 en 2008.[2] A poboación total do municipio era de 1256 habitantes en 2008.

Alquerías editar

Nome oficial Pob. (2008) Nome tradicional en estremeño
Caminomorisco 757 Caminomoriscu
Arrolobos 126 Arrolobus
Cambrón 29 -
Cambroncino 209 Cambroncinu
Dehesilla 22 La Jesilla
Huerta 58 La Güerta
Riomalo de Abajo 55 Riomalu d’Abaju
TOTAL 1.256

Infraestruturas e servizos editar

Comunicacións editar

Accédese ao municipio pola estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria e pola EX-369 a través do porto de Casar de Palomero.

Educación editar

O municipio ten un Instituto de Ensino Secundario, o IES Gregorio Marañón.[3]

Notas editar

  1. [1]
  2. [2]
  3. "Bienvenidos al IES Gregorio Marañón de Caminomorisco". iesgregoriom.educarex.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-31. 

Ligazóns externas editar