Abrir o menú principal
Cata no parapeto do Castro Grande de Neixón (Boiro), no verán de 2009.

As catas ou calicatas son unha das técnicas de prospección empregadas para facilitar o recoñecemento xeotécnico, estudos edafolóxicos ou pedolóxicos dun terreo. Son escavacións de pequena ou mediana profundidade realizadas normalmente con pa retroescavadora.

Mais agrúpanse baixo este nome xenérico as escavacións de formas diversas (pozos, gabias, rozas etc.) que permiten unha observación directa do terreo. Este tipo de recoñecemento emprégase en:

  • Profundidades de recoñecemento moderada (< 4 m)
  • Terreos escavábeis con pa, manual ou mecanicamente
  • Ausencia de nivel freático na profundidade a recoñecer
  • Terreos preferentemente cohesivos

As calicatas permiten a inspección directa do solo que se desexa estudar e, polo tanto, é o método de exploración que normalmente entrega a información máis confiable e completa. En solos con grava, a calicata é o único medio de exploración que pode entregar información confiable, e é un medio moi efectivo para exploración e mostraxe dun solo.

É necesario rexistrar a localización e elevación de cada pozo, que son numerados segundo a localización. Se un pozo programado non se executa, é preferible manter o número do pozo no rexistro como "non realizado" en vez de volver usar o número noutro lugar, para eliminar confusións. A profundidade está determinada polas esixencias da investigación, mais é dada, xeralmente, polo nivel freático.

A sección mínima recomendada é de 0,80 m por 1,00 m, co fin de permitir unha correcta inspección das paredes. O material escavado deberá depositarse na superficie en forma ordenada separado de acordo á profundidade e horizonte correspondente. Debe rexeitarse todo o material contaminado con solos de estratos diferentes. Deixaranse plataformas ou chanzos de 0,30 a 0,40 metros ao cambio de estrato, reducíndose a escavación. Isto permite unha superficie para efectuar a determinación da densidade do terreo. Deberase deixar polo menos unha das paredes o menos contaminada posíbel, de xeito que representen fielmente o perfil estratigráfico do pozo. En cada calicata deberase realizar unha descrición visual ou rexistro de estratigrafía comprometida.

As calicatas permiten:

  • Unha inspección visual do terreo in situ.
  • Toma de mostras.
  • Realización dalgún ensaio de campo.

A profundidade deste tipo de recoñecemento non adoita pasar dos 5 metros, aínda que en casos extremos pode alcanzar os 10 metros de profundidade. A dimensión mínima en planta, indicada pola norma N.T.E., é de 75 milímetros.

En determinados tipos de terreo, cando haxa persoal no seu interior realizando a manobra de toma de mostras, a calicata deberá ser entibada.

AplicaciónsEditar

Casos, situacións, ou tipos de terreos, nos que se poden realizar calicatas:

  • En terreos cohesivos principalmente. Tamén pode realizarse en terreos granulares, pero se se quere un coñecemento dos parámetros resistentes, a práctica imposibilidade de toma de mostras para ensaio en laboratorio, esixe a utilización doutras técnicas de recoñecemento, como a penetración estándar (SPT), só viábeis en sondaxes.
  • En terreos heteroxéneos, con moitos grosos, nos que unha sondaxe, ademais de ser custosa, daría unha información parcial.
  • En terreos nos que o nivel freático se acha por debaixo do plano de investigación, ou nos que as súas condicións de impermeabilidade sexan suficientes para que o afloramento de auga sexa pequeno, e permita a investigación no interior da cata. Naquelas situacións nas que que se requira coñecer principalmente a cota de nivel freático non serve a calicata.
  • En situacións nas que se presuma que se poden alcanzar, en todos os puntos, o substrato rochoso, ou terreo máis firme.
  • En obras lineares, como no proxecto de obras viarias ou no de obras de saneamento.

EtimoloxíaEditar

Provén da conxunción de CALAR (do lat. chalāre) significando penetrar, atravesar; e CATA (do gr. κατα), que significa "cara abaixo"