Na Roma Antiga, o calceus era un unha pequena bota baixa que cubría, ademais do calcañar, todo o pé e por riba dos nocellos.

Os escravos non o podían levar, pero si as mulleres, que utilizaban un calceus igual ao dos homes. O calceus senatorius ou patricius era de cor preta e cubría o terzo inferior da perna, aproximadamente. Na cana facíase unha fendedura que permitía calzalo e que se protexía cunha lingüeta, a lingula. Atábase lazando dúas bandas de tecido á perna, cada unha por separado, e deixando colgar en cada intersección lazadas amplas, que denotaban a categoría de quen o levaba. Os senadores de antiga liñaxe tiñan dereito a levar un adorno en forma de crecente, a lunula. O calceus senatorius fíxose branco no Baixo Imperio. O calceus mulleus era vermello.

O calceus tepandus era un calzado etrusco coa punta curvada para dentro.