Caixa Manresa
Caixa Manresa (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Manresa) foi unha caixa de aforros catalá con sede en Manresa.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Auditori_de_Barcelona.jpg/250px-Auditori_de_Barcelona.jpg)
Fundada en 1865, desapareceu en 2010 cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Tarragona, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.
O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña e a cuarta de España, só superada por La Caixa no seu territorio. Caixa Manresa achegou 6.595 millóns de euros no proceso de fusión, cunha participación do 20% na nova caixa.[1]
Notas
editar- ↑ "Os consellos de Caixa Catalunya, Tarragona e Manresa firman a segunda gran fusión entre caixas catalás". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 09 de decembro de 2015.