Caio Ambergris (tamén coñecido como Caio Gran Ambergris) é unha illa dentro das illas Turks e Caicos, é unha illa residencial privada.[1] Foi famosa polos valiosos depósitos de ámbar gris de onde cen o seu nome, unha substancia cerosa que segregan os xibardos, que antano se atopaban a 8 quilómetros da costa. A illa ten aproximadamente cinco quilómetros de longo e 900 m. de ancho. Deshabitada ata 1997, na actualidade ten unha pequena poboación. Adxacente a Caio Ambergris está Caio Pequeno Ambergris, que é unha reserva natural deshabitada. Caio pequeno Ambergris é un hábitat único e significativo para unha ampla gama de aves e vida mariña.[2] A illa de Caio Ambergris ten aproximadamente 6´4 km. de longo, e 1´6 km. de ancho, e 4´28 km² en total.

Caio Ambergris
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
MarMar Caribe
Coordenadas21°18′05.27″N 71°37′53.65″O / 21.3014639, -71.6315694Coordenadas: 21°18′05.27″N 71°37′53.65″O / 21.3014639, -71.6315694
Xeografía
Superficie4´28 km²
Longura máxima5´1 km.
Largura máxima0´9 km.
Punto máis alto30 m.
Demografía
CapitalLe Grand Cottages
Poboación50 (2009)
Densidade12 hab./km²

Caio Ambergris é coñecido polas súas augas turquesas e pouco profundas. Está rodeado de bancos de area e arrecifes de coral. Caio Ambergris é unha illa privada desde 1811 e hoxe está xestionada por Turks and Caicos Collection, unha selección preferida dos resorts de todo tipo en Turks e Caicos.[3]

Historia editar

A finais do século XVIII e principios do XIX, os lealistas establecéronse en Caio Ambergris, criaron vacas, fixeron olería e construíron casas, cortellos e cisternas. As ruínas destes primeiros asentamentos coloniais poden verse hoxe na illa. Como a illa é de xestión e propiedade privada, é necesario un permiso previo para a visita.

John Lightbourne foi o primeiro propietario da illa, mercándoa á administración de Bahamas en 1811.[4][5] Entón, Horatio Stubbs de Caicos do Sur mercou a illa, a casa e unha escrava feminina en 1826 por un custo de 6.000 bushels de sal.[4] Cultivaron sisal na illa cara ao final do súclo XIX.

En 1978, un grupo de investimentos do estado de Arizona intentou mercar Caio Ambergris, co obxectivo de construír unha universidade na illa. Este esforzo foi rexeitado polo goberno.

O empresario canadense Henry Mensen mercou Caio Ambergris en 1995[6] e comprometeuse a manter un terzo da illa (uns 1´8 km²) como reserva privada. A compañía Illas Turcas e Caicos Sporting Club é o responsable da xestión da illa, ofrece turismo e vende vilas de luxo na illa. Mensen iniciou o desenvolvemento da illa para establecer unha comunidade residencial de luxo e exclusiva. A través deste proxecto, a illa conta hoxe co Calico Restaurant and Bar (unha referencia ao famoso pirata do século XVII), unha casa club, e unha robusta infraestrutura para o autosustento da illa.

Desde finais de 2017, Caio Ambergris está xestionada por Turks and Caicos Collection.[7] A illa conta con 20 vilas privadas, 10 suites fronte á praia, un centro de spa, centro de deportes acuáticos, un porto deportivo, a pista privada máis longa do Caribe capaz de acomodar a maioría dos avións privados, a purificación da auga é por osmose inversa, sistemas de xeración eléctrica independentes e unha torre de comunicacións que proporciona acceso aos teléfonos e Internet de alta velocidade.[8]

Transporte editar

O aeroporto internacional Harold Charles está situado na illa. Con 1.700 m., é a pista de aterraxe privada máis longa do Caribe.[5] O tempo de voo desde o aeroporto principal das illas Turks e Caicos, Aeroporto Internacional de Providenciales (PLS), a Caio Ambergris é de aproximadamente 18 minutos.[9] O tamaño do aeroporto permite aos residentes e invitados voar á illa con avións privados.

Notas editar

  1. "Ambergris Cay". Visit Turks and Caicos Islands (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 
  2. "Ambergris Cay". Visit Turks and Caicos Islands (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 
  3. "Know More About Turks & Caicos Beach Resorts". www.turksandcaicoscollection.com. Consultado o 2019-04-05. 
  4. 4,0 4,1 "Ambergris Cays, Turks & Caicos Islands". Turks & Caicos Islands Information Directory. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Ambergris Cay". Turks and Caicos Tourism. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  6. Tyson, Vivian (20 de xuño de 2013). "Ambergris Cay Development Coud Restart Soon". Turks and Caicos Sun. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  7. "About Ambergris Cay". Ambergris Cay Turks and Caicos (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 
  8. "About Ambergris Cay". Ambergris Cay Turks and Caicos (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 
  9. "FAQ". Ambergris Cay Turks and Caicos (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar