Caimán común

(Redirección desde «Caiman crocodilus»)

O caimán común[3] (Caimán crocodilus) é un réptil  crocodilio pertencente á familia dos aligatóridos, nativo de América central e do norte de América do Sur.

Caimán común
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Subfamilia: Caimaninae
Xénero: Caiman
Especie: C. crocodilus
Linnaeus, 1758
Distribución do caimán común
Distribución do caimán común

Distribución do caimán común
Sinonimia
  • Caiman sclerops[2]

Descrición editar

É un crocodilio de modestas dimensións, medindo os adultos de 2 a 2,5 m. É de cor olivácea apagada e ten un relevo óseo diante dos ollos, do cal provén o seu outro nome común: caimán de anteollos[3].

Bioloxía editar

Vive en toda clase de ambientes húmidos de auga doce, da cal sae raramente se non é obrigado pola seca; neste caso, refúxiase na lama. De día flota na superficie, mentres que á noite se fai máis activo. Os machos son territoriais e establecen entre eles unha precisa xerarquía. Aínda que non está publicamente documentado, é posible que varias femias poñan os seus ovos nun mesmo niño, compartido e defendido por todas elas.

Alimentación editar

Os adultos aliméntanse doutros réptiles, peixes, anfibios e aves mariñas.

Reprodución editar

As femias poñen de 14 a 40 ovos en montes de terra e vexetación en fermentación, na beira da auga, ou sobre masas flotantes de material vexetal entrelazado.

Conservación editar

Aínda que intensamente cazado pola súa pel, o Caiman crocodilus, beneficiouse da construción de encoros de auga artificiais, que contribuíron a un aumento significativo da súa poboación.

Notas editar

  1. Crocodile Specialist Group. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Caiman crocodilus (Spectacled caiman) (Caiman sclerops); UniProt. Consultada o 30 de decembro de 2012.
  3. 3,0 3,1 Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 720. ISBN 84-95335-46-8

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar