Caetano Horta

remeiro galego

Caetano Xosé Horta Pombo, nado na Barquiña (Barro, Noia) o 15 de xaneiro de 2003, é un deportista galego. Compite en remo, deporte ao que se dedica despois de que abandonase unha prometedora carreira no motocrós.

Infotaula de personaCaetano Horta
Nome orixinalCaetano Xosé Horta Pombo
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 2003 (21 anos)
A Barquiña (Barro, Noia)
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo, motocrós
Participou en
xullo de 2021Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Skiff duplo leve masculino (pt) Traducir (7º) Editar o valor em Wikidata

Gañou unha medalla de ouro no Campionato de Europa Xuvenil de Remo de 2020, na proba de dobre scull.[1] Participou nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, na proba de dobre scull lixeiro (LM2x).[2]

Traxectoria editar

Aos 3 anos comezou a andar en moto e aos 6 a competir en motociclismo, por influencia de seu pai Antón, afeccionado ao motociclismo e que competira anos antes no campionato galego de enduro.[3] Primeiro correu en motociclismo de velocidade, pasando logo ao motocrós. Formou parte do Motoclub Os Saltóns de Noia e competiu no Campionato de Galicia de motocrós e tamén no de supercrós, logrando bos resultados.[4]

En 2011 acabou cuarto na categoría alevín tanto no campionato de motocrós como no de supercrós, mentres que no 2012 foi terceiro en motocrós e subcampión de supercrós. Ao ano seguinte acabou quinto no campionato de motocrós de 65cc, e en 2014 proclamouse campión de 85cc.[5][6] En 2017 foi subcampión galego de 125 cc.[7] Ademais competiu tamén no Campionato de España.[6][8]

Paralelamente ao motocicismo, aos 9 anos empezou a practicar tamén remo, dentro do Club do Mar Noia, onde seu tío Benito Horta era adestrador.[9][10] Inicialmente entrou no remo para fortalecer o seu físico para a moto e compaxinou durante un tempo ambos deportes,[11] pero finalmente tivo que decidir entre un dos dous, decántandose polo remo, a pesar da súa prometedora carreira sobre as dúas rodas.[10][6] Comezou a gañar competicións en categorías inferiores, tanto autonómicas como nacionais, e en 2017 entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.[12]

En 2019 disputou en Toquio o Mundial júnior, logrando unha quinta praza,[10] e ao ano seguinte en Belgrado proclamouse campión de Europa júnior xunto ao sevillano Pablo Moreno, na categoría dobre scull.[13] En 2021 gañou o Campionato de España xuvenil skiff de longa distancia, cunha asoballante diferenza sobre os seus rivais.[10]

En febreiro de 2021, o moañés Rodrigo Conde renunciou á praza que tiña gañada para acudir xunto a Manel Balastegui aos Xogos Olímpicos de Toquio, na proba de dobre scull lixeiro, polo que Caetano Horta se converteu en aspirante a substituílo. En abril disputou xunto a Balastegui en Varese o Campionato de Europa, sendo a súa primeira competición absoluta, acabando na sétima praza e logrando así o billete olímpico.[14] Xa en Toquio, rematou a súa quenda na cuarta posición de seis embarcacións, fóra dos dous primeiros postos que daban o acceso directo ás semifinais. Na repesca conseguiu o segundo posto e o pase ás semifinais.[15] Nestas obtivo un quinto posto, quedando así fóra da final, á que só accedían as tres primeiras embarcacións de cada semifinal.[16]

Notas editar

  1. «Caetano Horta se proclama campeón de Europa juvenil». Faro de Vigo, 29 de setembro de 2020.
  2. «Balastegui-Horta, dupla española en Tokio en doble scull ligero». Mundo Deportivo, 12 de abril de 2021.
  3. Gerpe, A. (8 de agosto de 2010). "Unha familia a toda velocidade". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  4. "Campionato de Galicia de Motocrós de 2013" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  5. "Campionatos galegos de motocrós 2011-2015" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Sevilla, Álvaro (17 de marzo de 2016). "Besando el cielo sobre dos ruedas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  7. "Campionatos galegos de motocrós 2017" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  8. "Román Pérez se adjudicó el VI Supercross Nocturno de Monzón" (en castelán). 24 de agosto de 2012. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  9. Otero, Manu (17 de abril de 2021). "Caetano Horta, remero del CGTD: de la selectividad a Tokio 2021". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Brea, Fran (11 de abril de 2021). "El remero noiés Caetano Horta estará en los Juegos Olímpicos de Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  11. Parada, A. (12 de xaneiro de 2020). "Caetano Horta: O noiés que boga cara o cume do remo olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  12. Brea, Fran (30 de xaneiro de 2018). "Caetano Horta: Una joven promesa del remo bañada en oro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  13. "Caetano Horta se proclama campeón de Europa juvenil". Faro de Vigo (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  14. "Caetano Horta, orgullo noiés en los Juegos Olímpicos de Tokio". El Correo Gallego (en castelán). 12 de abril de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  15. "O dobre scull de Caetano Horta métese nas semifinais". CRTVG. 25 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  16. Espiño, Diego (28 de xullo de 2021). "Caetano Horta, á final B no dobre scull lixeiro de remo". Pontevedra Viva. Consultado o 28 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar