Cacareco foi un rinoceronte femia criada entre os zoolóxicos de São Paulo e Río de Xaneiro, nada probabelmente no Río de Xaneiro en 1954[1] e finada en 1962[2]. Nas eleccións de outubro de 1959 para concelleiro da cidade gañou cerca de 100.000 votos[3]. Daquela a elección era realizada con cédulas de papel e os electores escribían o nome de seu candidato de preferencia.

A idea de propoñer o animal como candidato foi do periodista Itaboraí Martins, en protesta contra o baixo nivel dos outros 450 concorrentes. Cacareco foi un dos máis famosos casos de voto nulo en masa da historia da política brasileira ó converterse na "candidata" máis votada da consulta; o partido máis votado non chegou a 95.000 votos[4].

Notas editar

  1. Time.com (ed.). "BRAZIL: The Rhino Vote". Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  2. Ficha de Cacareco Arquivado 03 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)
  3. Cacareco agora é Excelência. Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en portugués)
  4. Historia de Cacareco na política Arquivado 18 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar