Co nome de cabra, cabra de altura [1] ou galiña de mar (Helicolenus dactylopterus) é un peixe de tamaño medio, corpo redondo e cor vermella con bandas transversais máis escuras.

Descrición

editar
 
Cabra de altura

Neste peixe destaca a cor avermellada viva, e a aleta dorsal na que destacan os radios da primeira metade. Son tamén característicos os ollos grandes e a aleta pectoral moi desenvolvida.

Na cabeza poden verse espiñas laterais nas fazulas.

Hábitat e distribución

editar

Habita en zonas de 200 a 1.000 metros de profundidade, de fondo lamacento. Reprodúcese en novembro ou decembro.

Péscase con artes de arrastre e palangre.

  1. Tamén cabra de fóra e cabra da pedra, segundo Ríos Panisse.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba 1977.

Ligazóns externas

editar