Coordenadas: 43°34′15″N 5°42′03″O / 43.57083333, -5.70083333

O cabo de Torres (en asturiano: Cabu Torres) é un cabo situado na costa do mar Cantábrico, máis concretamente na zona occidental do concello de Xixón, no principado de Asturias. Dista uns 7 km da cidade de Xixón e é o saínte costeiro máis importante de todo o concello.

Vista do cabo desde o faro.

En 1923 constrúese o faro, que foi recentemente rehabilitado ao pasar a formar parte do denominado Parque Arqueolóxico Natural da Campa Torres, e no que se creou unha biblioteca arqueolóxica sobre a historia do mesmo e dos demais faros da costa asturiana.

Desde o mesmo pódense contemplar unhas fermosas vistas de toda a cidade de Xixón, así como da costa occidental (praias de Xivares, Perlora, Candás) e oriental asturiana.

Nunha ampla chaira que existe no mesmo atopáronse os restos dun antigo asentamento ástur-romano, o Castro de Noega.