Cabido Maior do Pobo Muisca

(Redirección desde «Cabildo Mayor del Pueblo Muisca»)

O Cabido Maior do Pobo Muisca (en castelán: Cabildo Mayor del Pueblo Muisca) é unha organización do pobo indíxenas muisca. Foi estabelecido en setembro de 2002 en Bosa, Bogotá, Colombia. A organización, membro de Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC), ten como obxectivo defender os dereitos dos descendantes dos muiscas, o desenvolvemento de patrimonio cultural e histórico, e a protección e promoción da lingua indíxena, o muisca.

Historia editar

Intrevista sobre os dereitos dos indíxenas muiscas.

Varios cabidos de pobos indíxenas foron fundados en Colombia en 1989. Nun foro celebrado en 1999, Los muiscas; un pueblo en reconstrucción, as comunidades muiscas artellaron un plan para crear unha organización para o seu pobo.[1] As comunidades indíxenas de Bosa,[2] e Suba en Bogotá, e as de Cota,[3] Chía e Sesquilé en Cundinamarca reuníronse entre o 20 e o 22 de setembro de 2002 en Bosa no Congreso Xeral do Pobo Muisca onde estabeleceron o Cabido Maior do Pobo Muisca, como membro do Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC).[4] Ademais, o Cabido Maior do Pobo Muisca deu o seu apoio ás comunidades indíxenas de Ubaté, Tocancipá, Soacha, Ráquira e Tenjo.[5]

En 2010, fundáronse dúas garderías para os nenos dos descendentes dos muiscas orixinais.[6]

Actividades editar

O cabido é activo en cinco áreas: educación e cultura, saúde, relacións interétnicas, territorio e ambiente e lingüística.[4]

Notas editar