Longa Marcha 5

(Redirección desde «CZ-5»)


Longa Marcha 5 (Chang Zheng 5 en pinyin, abreviadamente CZ-5) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha. Tódolos CZ-5 lánzanse desde o centro de lanzamento de Wenchang.[1][2][3][4][5]

Longa Marcha 5 / Chang Zheng-5 (CZ-5)
FunciónLanzador espacial pesado
fabricanteCALT
país de orixeRepública Popular da China
Tamaño
altura55,0 m
diámetro5,00 m
masa878.000 kg
Etapas2
Carga LEO
masa25.000 kg
foguetes derivados
FamiliaLonga Marcha
Lanzamento históricos
EstadoActivo
SitiosCentro de lanzamento de Wenchang
Voo inaugural3 de novembro de 2016
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O Longa Marcha 5 é un lanzador orbital chinés dunha, dúas ou tres etapas e asistido por foguetes aceleradores deseñado para poñer cargas de ata 25.000 kg en órbita baixa terrestre ou de 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Usa unha etapa central de 5 m de diámetro con catro aceleradores de 3,35 m de diámetro ao seu arredor. Segundo a versión pode ter ningunha, unha ou dúas etapas superiores. A súa función principal é poñer en órbita xeoestacionaria grandes satélites ou módulos para a estación espacial chinesa na órbita baixa.[1][2][3][4][5]

Variantes editar

CZ-5 editar

A versión orixinal ten unha segunda etapa H-5-2 con dous motores YF-75D e pode poñer ata 15.000 kg nunha órbita heliosincrónica e 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]

CZ-5/YZ-2 editar

Usa unha terceira etapa YZ-2 cun motor YF-50D. Utilizado para poñer satélites de ata 4500 en órbita xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]

CZ-5B editar

A versión CZ-5B usa unha única etapa central. Pode poñer ata 25.000 kg en órbita baixa.[1][2][3][4][5]

Historial de lanzamentos editar

Voo Data Versión Carga Resultado Notas
1 3 de novembro de 2016 CZ-5/YZ-2 SJ 17 Éxito Primeiro voo dun CZ-5.
2 2 de xullo de 2017 CZ-5 SJ 18 Éxito
3 27 de decembro de 2019 CZ-5 SJ 20 Éxito
4 5 de maio de 2020 CZ-5B XZF-SC / RCS-FC-SC Éxito
5 23 de xullo de 2020 CZ-5 Tianwen 1 Éxito
6 23 de novembro de 2020 CZ-5 Chang'e 5 Éxito
7 29 de abril de 2021 CZ-5B Tianhe Éxito
8 24 de xullo de 2022 CZ-5B Wentian Éxito
9 31 de outubro de 2022 CZ-5B Mengtian Éxito
10 15 de decembro de 2023 CZ-5 Yaogan 41 Éxito
11 23 de decembro de 2023 CZ-5 TJS 11 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5B" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5 (Chang Zheng-5)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5/YZ2 (Chang Zheng-5/YZ2)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5B (Chang Zheng-5B)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022. 

Véxase tamén editar