A CREPA (Central Reguladora de Produtos Agrícolas) foi unha institución franquista encargada de fixar a cota de produtos agrícolas para vender a prezo de taxa.

Historia e características editar

Era a encargada de fixar a cota forzosa que debía entregar cada concello a partir dos informes que elaboraban as Seccións Agronómicas a raíz das declaracións xuradas de superficie de cultivos de cada concello e dos rendementos medios dos diferentes produtos intervidos.

Posteriormente a Xunta Local Agrícola, composta polo alcalde, o xefe local de FET y de las JONS, o secretario do Concello e tres agricultores de entre os maiores contribuíntes, estipulaba o repartimento da cota por parroquias, e alí, a Xunta parroquial, integrada polo párroco, o alcalde de barrio e o mestre, facía o repartimento final entre os veciños. O sistema favorecía a comisión de todo tipo de arbitrariedades en función da situación e do grao de poder dos veciños no concello e nas respectivas parroquias, das envexas,inimizades persoais, amiguismos e corrupcións.

Foi implantado a partir da campaña 1944/45.

Tiñan que entregar unha cota forzosa de determinadas producións agrícolas (millo, trigo e centeo, patacas,leguminosas...) pagadas a prezo de taxa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar