Canadian Radio Broadcasting Commission

cadea pública de radiodifusión do Canadá
(Redirección desde «CRBC»)

Canadian Radio Broadcasting Commission (CRBC) foi a primeira cadea pública de radiodifusión do Canadá, a precursora da Canadian Broadcasting Corporation.

Canadian Radio Broadcasting Commission
Tipocadea de radio e radiodifusão pública
Data de fundación1932
Data de disolución1936
Presidente/aHector Charlesworth (en) Traducir (1932-) Editar o valor em Wikidata
PaísCanadá
editar datos en Wikidata ]

Orixe editar

A CRBC creouna por lei en 1932 o goberno de R.B. Bennett seguindo as recomendacións dunha Comisión Real do Parlamento do Canadá que en 1929 recomendara o establecemento dun sistema público de radio e logo dunha campaña de presións da Canadian Radio League para que se cumprise. A cadea botou a andar o 26 de maio de 1932 e existiu ata o 2 de novembro de 1936 cando se reorganizou como empresa pública federal (Crown corporation) baixo o nome de Canadian Broadcasting Corporation.[1] A programación diaria nacional comezou en maio de 1933, ao primeiro dunha hora ao día que se foi incrementando co tempo.

Actividade editar

A comisión estaba formada por tres persoas e tiña o mandato para regular e controlar todas as emisións de radio no país [2] , así como tamén para crear e transmitir a súa propia programación e para mercar ou constuír emisoras ao longo do país, así e todo os fondos para levar á práctica o seu mandato foron insuficentes polos efectos da Gran Depresión e moitos dos seus programas emitíanos emisoras privadas en gran parte do país[3]. O seu primeiro presidente foi Hector Charlesworth, editor da revista Saturday Night.

Desaparición editar

A CRBC non cumpriu as expectativas da Canadian Radio League considerando escasa e pobre a súa programación e o principal partido da oposición, o Partido Liberal do Canadá acusábaa de progobernamental.[1]. Durante a campaña das eleccións lexislativas de 1935, a CRBC emitiu unha serie chamada Mr. Sage criticando ao líder da oposición William Lyon Mackenzie King e o seu partido, este incidente foi decisivo na decisión de King de substituíla por unha nova entidade tras gañar as eleccións[1], nese entón tiña 8 estacións propias e 14 afiliadas privadas.[2]

estacións propias da CRBC editar

Afiliadas á CRBC editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar