Abrir o menú principal

C.P. Calafell

(Redirixido desde "CP Calafell")

O Club Patí Calafell é un club de hóckey a patíns e patinaxe artística catalán da localidade de Calafell, Baix Penedès (Provincia de Tarragona).

CP Calafell
CidadeCalafell, Cataluña Cataluña
Historia1952-
Fundado1952
PavillónPavelló Joan Ortoll (600)
PresidenteCataluña Josep Maria Guinovart[1]
AdestradorCataluña Pere Varias[2]
CompeticiónOK Liga
Cores          Verde e branco
Sitio web
Sitio web oficial

HistoriaEditar

O 9 de xuño de 1952, o cura da parroquia de Santa Creu de Calafell, Jaume Tobella i Llobet, aceptou a idea de poñer en marcha un equipo de hóckey a patíns na localidade como unha sección do Centre Parroquial.[3] A idea naceu logo da celebración en Barcelona do Campionato do Mundo de 1951. O Centre Parroquial xa contaba con seccións de baloncesto, xadrez e tenis de mesa. O presidente do Centre era Vicenç Espinya.

O club debutou en competición oficial na tempada 1954-55. Xogou na pista da Rectoría ata a tempada 1964-65. A tempada seguinte comezou a xogar na Pista del Litu, na pista do cine da praia. Na tempada 1966-67 instalouse na pista de Les Escoles. Estes anos o club mudou a súa denominación pola de Club Patí Calafell. Na tempada 1963-64 o equipo proclamouse campión do Estado español e de Cataluña en segunda división e ascendeu á primeira división (actual división de honra).

A tempada 1975-76 comezou a construción do actual pavillón municipal e na 1980-81 o club proclamouse campión de primeira división e ascendeu á división de honra.

En 1981 púxose en funcionamento a sección de patinaxe artística do CP Calafell.[4]

A tempada 2010-11 o club conseguiu o ascenso á OK Liga, máxima categoría do hóckey a patíns no Estado español,[5] trinta anos despois de ter participado na máxima categoría por última vez, na tempada 1980-81.[6]

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. "Junta directiva del CP Calafell". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  2. L’entrenador del Club Patí Calafell, Pere Varias, aspira a molt més que conservar la categoria[Ligazón morta] en Penedèsdigital (10 de agosto de 2011)
  3. "=Història del CP Calafell". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  4. "Introdución áa sección de Patinaxe". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  5. "El Club Patí Calafell tanca la temporada d’hoquei i les celebracions pels èxits esportius aconseguits (27 de xuño de 2011)". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  6. A l'elit 30 anys més tard en Avui (30 de maio de 2011)
  7. Un títol d'or per al Calafell en El 9 Esportiu

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar