CORBA son as siglas de Common Object Request Broker Architecture (en galego: "Arquitectura Común de Axente de petición de Obxectos"). É un estándar de interoperación cliente-servidor para sistemas distribuídos que foi desenvolto polo Object Management Group (OMG)).

Características

editar

O estándar CORBA define, basicamente:

  • Un protocolo de comunicación (IIOPetc.), permitindo que poidan interoperar aplicacións totalmente heteroxéneas en canto a lugar (máquina onde estea a correr), sistema operativo, linguaxe de programación, etc.
  • Unha linguaxe de interface (IDL), permitindo a descrición das API ou interfaces, e describindo os servizos dos que un compoñente prové.
  • Certos servizos verticais (definidos en IDL) que convén ter estandarizado.

Polo tanto, CORBA prové para obxectos a transparencia en canto a plataforma e lugar (máquina), o cal é unha característica fundamental en termos de arquitecturas distribuídas.

CORBA usa un IDL para especificar as interfaces (API) que os obxectos presentan ao mundo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar