CNT (periódico)
O CNT é un periódico que edita o sindicato Confederación Nacional do Traballo (CNT), sendo o principal medio de expresión desta organización anarcosindicalista. Ten unha periodicidade mensual.
CNT | |
---|---|
Fundación | 1932 |
Editorial | Confederación Nacional do Traballo |
Lingua | lingua castelá |
ISSN | 1135-173X |
Na rede | |
http://www.cnt.es/periodico/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seccións
editarEntre as súas seccións encóntranse:
- Sindical
- Actualidade
- Internacional
- Opinión
- Economía
- Cultura
- Confederal
Dirección do xornal
editarElíxese a súa dirección e localidade de residencia nun congreso ou pleno nacional da CNT. A dirección ocúpase da distribución, impresión, venda, administración das subscricións e recepción de artigos para o periódico. O director elixido para o periódico acode ás reunións do comité nacional da CNT con voz pero sen voto. O secrerario xeral da CNT é o encargado de redactar a editorial do periódico.
Licenza
editarO CNT edítase cunha licenza Creative Commons de carácter copyleft, e ademais de en papel, pódese ler en Internet. O seu número ISSN é 1135-173X.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.