Club Deportivo Lealtad

(Redirixido desde "CD Lealtad")

O Club Deportivo Lealtad é un club de fútbol español do concello de Villaviciosa, en Asturias. Foi fundado en 1918 e compite na Segunda División B. O seu campo é o Estadio Les Caleyes, con capacidade para 3.000 espectadores.

Lealtad
Escudo cd lealtad.jpg
NomeClub Deportivo Lealtad
Fundación1918
EstadioLes Caleyes,
Villaviciosa, España
Capacidade3.000
PresidenteEspaña Francisco Cabal
AdestradorEspaña Clemente Sánchez
Liga2ªB – Grupo 1
19–20
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

O equipo foi fundado en abril de 1918 e ao ano seguinte dáse de alta na Federación Asturiana de Fútbol. Ata o ano 1990 xogou en categorías rexionais. O seu maior éxito deportivo foi o ascenso a Segunda División B na campaña 1997/98, dirixidos por Marcelino García Toral, aínda que descendeu de categoría a tempada seguinte. O ascenso produciuse tras eliminar na liguilla ao Betanzos CF, á Gimnástica Segoviana CF e ao Real Madrid C.

O 25 de maio de 2014 conseguiu un novo ascenso á 2ª B, disputando a súa segunda tempada na categoría de bronce en toda a súa historia. Xogou catro tempadas na categoría, volvendo a caer a Terceira na 2017/18. Non perdeu ningún partido de liga nas seguintes dúas tempadas, nas que acabou primeiro e xogou dúas fases de ascenso, logrando subir de categoría no segundo dos intentos. Xa de volta en Segunda B o Lealtad entrou na historia do fútbol español ao alongar a súa xeira de partidos de liga consecutivos invicto ata os 69, superando a marca de 67 do CD Ourense dos anos 60.[1] Foi o Numancia quen conseguiu derrotar ao Lealtad en novembro de 2020, dous anos e medio despois da súa anterior derrota en liga.[2]

UniformeEditar

  • Primeiro uniforme: camiseta negra cunha franxa diagonal branca, pantalón branco e medias negras.
  • Segundo uniforme: camiseta branca e pantalón negro e medias brancas.

EstadioEditar

Disputa os seus partidos como local no estadio Les Caleyes, con capacidade para 3000 espectadores. Os seus equipos de fútbol base xogan no campo Nuevo Villazón, de herba sintética.

Datos do clubEditar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ª B: 6 (Incluída a 2020/21)
  • Tempadas en : 25

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto
1916–90 Rexional
1990/91 10º
1991/921991/92
1992/93
1993/94
1994/95
1995/96
1996/97
1997/98
1998/99 2ªB 20º
1999/00
2000/01
2001/02 11º
2002/03
Tempada Categoría Posto
2003/04
2004/05 12º
2005/06
2006/07
2007/08
2008/09 10º
2009/10 10º
2010/11 12º
2011/12 14º
2012/13
2013/14
2014/15 2ªB 15º
2015/16 2ªB 10º
2016/17 2ªB 10º
Tempada Categoría Posto
2017/18 2ªB 18º
2018/19
2019/20
2020/21 2ªB

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. Abizanda, Jorge (26 de outubro de 2020). "El Lealtad supera el histórico récord de partidos sin perder del CD Orense". ABC (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  2. "El Numancia acaba con el récord de 69 partidos invictos del Lealtad de Villaviciosa" (en castelán). 8 de novembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar