Coordenadas: 43°07′53″N 8°08′37″O / 43.13129, -8.14351

O Centro Cultural e Deportivo de Curtis é un club de fútbol do concello de Curtis, A Coruña. O seu terreo de xogo, chamado Campo Novo, pasou a denominarse en 2016 Lucas Vázquez[1].

CCD Curtis
NomeCentro Cultural e Deportivo de Curtis
Alcume(s)CCDC
Fundación1967
EstadioCampo Lucas Vázquez (até 2016 denominado Campo Novo),
Bodeus, Curtis, A Coruña, Galicia
Inauguraciónanos 1970
Capacidade-
AdestradorGalicia José Antonio Miguélez
Liga3ª Autonómica – Grupo 3
2021/2211º
VestimentaJoma
PatrocinadorLosán
Na rede
http://curtisccd.blogspot.com.es
Titular

Historia Editar

Campo novo de Curtis
 
Superficie
Herba artificial
Medidas
92 m x 65 m
Equipo local
CCD Curtis

As orixes do fútbol en Curtis están en 1934, cando un equipo da localidade gañou unha competición ao desaparecido Compostela Sociedad Cultural. Nos anos `40 o equipo xogaba no Campo da Feira, actual Campo da Festa.

En 1967 nace o actual club. Nos comezos as cores do equipo eran a vermella e a branca en franxas verticais. Deseño que variaría cos anos a outro axadrezado cas mesmas cores vermella e branca. Nos anos `70 o club mercou a Tomás do Santo un prado no lugar de Bodeus por 50.000 pesetas. Así nacía o Campo Novo, que en 2016 pasou a levar o nome de Lucas Vázquez[2] na honra do internacional madridista nacido en Curtis.

En novembro de 2010 fora inaugurada a herba artificial do campo nun partido entre os veteranos do Deportivo e unha selección de xogadores dos cinco equipos federados de Curtis. Este foi o primeiro partido en que xogaron xuntos xogadores de todo o concello. Arsenio Iglesias fixo o saque de honra[3].

Himno Editar

Para a celebración dos 45 anos do club o músico e artista Xosé Casal de Vilasantar creou o himno.[Cómpre referencia]

Datos do club Editar

Historial na liga Editar

Tempada Categoría Posto
2014/15 3ª Autonómica
2015/16 3ª Autonómica
2016/17 3ª Autonómica 14º
2017/18 3ª Autonómica
2018/19 3ª Autonómica
2019/20 3ª Autonómica
2020/21 3ª Autonómica
2021/22 3ª Autonómica 11º

Galería de Imaxes Editar

 
Vista panorámica do campo de Curtis.
Vista panorámica do campo de Curtis. 
 
Cartel Avda. Principal de Curtis, 50 anos CCD Curtis.
Cartel Avda. Principal de Curtis, 50 anos CCD Curtis. 

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar