CB Calpisa
Nome do club | Club Balonmano Calpisa | ||
Fundado | 1952 | ||
Pavillón | Pavillón Municipal Pitiu Rochel, Alacant | ||
Capacidade | 1.868 | ||
Equipamentos |
|
O Club Balonmano Calpisa creouse en Alacant nos anos 70 partindo do histórico Obras del Puerto, e converteuse nun dos equipos máis importantes da Liga ASOBAL, competición que gañou en catro ocasións. Actualmente o seu herdeiro é o BM Alicante. Posteriormente pasou a denominarse Hércules-Calpisa, CB Tecnisa Alicante, CB Tecnisán Alicante e Helados Alacant, antes de trasladarse a Benidorm na súa última etapa.
Historia
editarDos inicios á época dourada
editarO CD Obras del Puerto naceu a principios da década dos 50 e foi un dos fundadores da División de Honra (actualmente Liga ASOBAL) na tempada 1958-59. A súa mellor clasificación foi o segundo posto da tempada 1959-60.
A principios da tempada 1973-74, o daquela presidente do Obras, Andrés Muñoz, buscou o patrocinio dunha empresa construtora local, a Compañía Alicantina de Promociones Inmobiliarias S.A., e deste xeito o club pasou a denominarse Club Balonmano Calpisa. Co investimento económico chegaron as fichaxes, as dúas máis importantes con Miquel Roca no banco (ata daquela adestrador do histórico BM Granollers, co que gañara sete ligas e dúas copas) e na portería con Perramón.
Na tempada 1974-75 chegou a primeira liga, na que o equipo quedou por diante dos grandes da época, o FC Barcelona e o Atlético de Madrid.
A partir de aí comezaron cinco tempadas de éxitos e títulos, o Calpisa estivo ata tres tempadas consecutivas sen perder ningún partido e logrou catro títulos de liga de xeito consecutivo dende a tempada 1973-74 ata a 1977-78. A eses títulos de Liga uníronselles tamén os de tres títulos de Copa (1975, 1976 e 1977).
A pesar de dominar o balonmán español, non tivo o mesmo éxito a nivel europeo, onde só na tempada 1977-78 chegou ás semifinais da Copa de Europa, caendo ante o Slask Wroclaw de Polonia, sendo o primeiro equipo da liga española en conseguir chegar tan lonxe na máxima competición continental.
Na tempada 1978-79 sucedeu a Miquel Roca no banco Pitiu Rochel, que fora xogador no Obras del Puerto e que, tralo seu falecemento, deu nome ao pavillón no que disputaba o equipo os seus encontros como local.
Campión da Recopa
editarA época dourada pechouna dándolle á cidade o único título internacional de balonmán, a Recopa de Europa, ao derrotar na final o potente equipo alemán do VfL Gummersbach. O Calpisa chegou á final tras eliminar o Union Krems, de Austria, con dous triunfos (21-17 e 28-15), logo desfíxose do Dosza Debrecen húngaro, perdendo por 24-22 en Hungría e gañando 32-19 en Alacant, a continuación impúxose ao Goteborg por un esmagador e inesperado 40-25 na súa cancha, e repetiu vitoria en Suecia por 25-28. Na final venceu 20-15 en Alacant e perdeu 18-16 na daquela República Federal Alemá.
Cadro da Recopa
- Adestrador: Pitiu Rochel
O traslado a Benidorm e a disolución
editarNa tempada 1982-83 o equipo pasa a denominarse Tecnisa, e Tecnisán dende a 1983-84 ata a 1987-88. Conseguiu unha Copa do Rei na tempada 1985-86, o que sería o seu derradeiro título, e un par de terceiros postos na liga por detrás do FC Barcelona e o Atlético de Madrid.
Dende a tempada 1988-89 ata a 1991-92 pasou a denominarse Helados Alacant. Na tempada 1992-93 o equipo, ante a perda de patrocinadores, decide aceptar a proposta do Concello de Benidorm e xoga os partidos nesa cidade co nome de Balonmano Benidorm.
A tempada 1992-93 foi a última participación do club na máxima categoría xa que, a pesar de conseguir a permanencia, o equipo se viu obrigado a disolverse por motivos económicos.
A creación do BM Alicante
editarCoa colaboración da canteira dos colexios historicamente máis importantes de Alacant en balonmán, Agustinos, Salesianos e Xesuítas (Maristas quedou á marxe) e baixo a denominación de CB Estudiantes, o novo club saíu en Segunda, ascendeu a Primeira e máis tarde ata a División de Honra B na tempada 1995-96, onde competiu ata a súa cesión de dereitos ao BM Alicante, creado en xullo do 2000 e que collerá o relevo do Calpisa.
Palmarés
editar- Liga de División de Honra: 4 títulos
- Campión: 1974-75, 1975-76, 1976-77, 1977-78
- Subcampión: 1978-79, 1979-80
- Copa do Rei: 4 títulos
- Campión: 1974-75,1975-76,1976-77,1979-80, (CB Tecnisán) 1985-86
- Subcampión: 1978-79
- Recopa de Europa: 1 título
- Campión: 1979-80
- Subcampión: (CB Tecnisa) 1985-86