CBERS (China Brazil Earth Resources Satellite) ou ZY (Ziyuan) é unha serie de satélites artificiais civís colaboración entre China e Brasil.[1][2][3][4]

Parche da misión CBERS-1.

Características editar

Os satélites CBERS son satélites deseñados para a observación terrestre na busca e documentación de recursos e o estudo e observación do medio ambiente. Son operados polo CRESDA chinés e o INPE brasileiro. Os satélites usan o bus Phoenix-Eye-1 e levan a bordo cámaras gran angular e de alta resolución e sensores infravermellos. Usan dous módulos: un módulo de carga útil cos sensores e cámaras e o módulo de servizo, cos equipos de enerxía, control e comunicacións. Os satélites CBERS inxéctanse na órbita heliosincrónica, a alturas duns 770 km.[1][2][3][4]

Lanzáronse seis satélites CBERS entre 1999 e 2019, cun fallo, e todos a bordo de lanzadores CZ-4B chineses.[1][2][3][4]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
CBERS 1 14 de outubro de 1999 CZ-4B Éxito
CBERS 2 21 de outubro de 2003 CZ-4B Éxito
CBERS 2B 19 de setembro de 2007 CZ-4B Éxito
CBERS 3 9 de decembro de 2013 CZ-4B Fallo
CBERS 4 7 de decembro de 2014 CZ-4B Éxito
CBERS 4A 20 de decembro de 2019 CZ-4B Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "CBERS 1, 2, 2B" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2022). "CBERS 3, 4, 4A" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CBERS 1, 2, 2B / ZY-1 01, 02, 02B" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CBERS 3, 4, 4A / ZY-1 03, 04, 04A" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar