CAST-2000 ou CAST2000 (acrónimo de China Academy of Space Technology 2000) é un bus construído por CAST para o uso con diferentes tipos de satélites.[1][2][3]

Características editar

CAST-2000 é un bus pensado para satélites de entre 300 e 600 kg en órbitas baixas e altas. Está pensado para satélites de navegación, comunicación, científicos ou de observación terrestre, coa posibilidade de funcionar en formación entre varios satélites ou formando unha constelación. Pode proporcionar unha potencia de ata 900 W cunha esperanza de vida de cinco anos. Úsase, entre outros, nos satélites Gaofen.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "CAST2000" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 1-02, 03, 04" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 China Great Wall Industry Corporation, ed. (2022). "CAST Satellite Platform" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2023. Consultado o 29 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar