Abrir o menú principal

C. W. Ceram, nado en Berlín o 20 de xaneiro de 1915 e morto en Hamburgo o 12 de abril de 1972, pseudónimo de Kurt Wilhelm Marek, foi un periodista e crítico literario alemán, coñecido polas súas obras de divulgación de Arqueoloxía.

C. W. Ceram
Nome completoKurt Wilhelm Marek
Nacemento20 de xaneiro de 1915
 Berlín
Falecemento12 de abril de 1972
 Hamburgo
SoterradoCemitério de Ohlsdorf
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónxornalista, escritor, crítico literario e crítico literario
Coñecido/a porDeuses, Túmulos e Sábios
editar datos en Wikidata ]
Portada da edición alemá de Götter, Gräber und Gelehrte

TraxectoriaEditar

Na Segunda Guerra Mundial collérono prisioneiro en Italia. Durante o seu cativerio tivo ocasión de ler libros de Arqueoloxía. Como resultado dos coñecementos adquiridos publicou en 1949 o seu libro Götter, Gräber und Gelehrte (Deuses, tumbas e sabios), obra que o fixo famoso en todo o mundo. "Deuses, tumbas e sabios" traduciuse a vinte e oito idiomas con cinco millóns de exemplares publicados e a día de hoxe seguen imprimíndose novas edicións.

Outras obras coñecidas do autor son Enge Schlucht und schwarzer Berg - Die Entdeckung des Hethiterreiches (O secreto dos hititas) ou Der erste Amerikaner (O primeiro americano).

C.W. Ceram foi redactor xefe de Die Welt e director de publicacións da editorial Ernst Rowohlt. En 1947 trasladouse a EE.UU. Morreu en Hamburgo en 1972.

Véxase taménEditar