Humphrey Sutherland

Numismático inglés
(Redirección desde «C. H. V. Sutherland»)
Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Sutherland

Carol Humphrey Vivian Sutherland, nado o 5 de maio de 1908 en Merton Park, no condado inglés de Surrey, e finado o 14 de maio de 1986, durante unha viaxe a Australia, foi un numismático inglés. Coñécese máis comunmente pola forma reducida Humphrey Sutherland.[1]

Humphrey Sutherland
Datos persoais
Nacemento5 de maio de 1908
LugarMerton Park, Surrey
Inglaterra
Falecemento14 de maio de 1986 (78 anos)
Lugar Australia
Nacionalidade Británica
Actividade
CampoNumismática
Alma máterMuseo Ashmolean
Contribucións e premios
Premios- Medalla Huntington da American Numismatic Society (1950).
- Comendador da Orde do Imperio Británico (1970).
- Medalla de prata da Royal Numismatic Society (1954)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sutherland era o irmán máis novo do pintor Graham Sutherland. Recibiu a súa educación inicialmente na Westminster School, en Londres, e posteriormente na Christ Church, en Oxford.

En 1932 ocupou o posto de conservador axudante no gabinete numismático do Museo Ashmolean, e a partir de 1939 foi profesor de numismática na Universidade de Oxford. En 1957 foi ascendido no Museo Ashmolean ao posto de conservador titlular do gabinete numismático, cargo que exerceu ata a súa xubilación en 1975.[2]

Entre os diversos recoñecementos recibidos ao longo da súa carreira son de salientrar o de comendador da Orde do Imperio Británico, en 1970, e a medalla da Royal Numismatic Society en 1954.[3]

Obras máis salientables editar

The Roman Imperial Coinage editar

Artigo principal: The Roman Imperial Coinage.

En asociación co numismático inglés Harold Mattingly, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Sutherland participou na elaboración do catálogo monumental titulado The Roman Imperial Coinage ("A moeda imperial romana") que recolle toda a produción monetaria do Imperio Romano desde a Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade tardía, no ano 491 d. de C.[4] En concreto, Mattingly e Sutherland encargáronse do volume IVb, de Macrino a Pupieno (217-238), publicado en 1938, e do volume IVc, de Gordiano III a Uranio Antonino (238-253), publicado en 1949.[5] Posteriormente, logo do falecemento de Mattingly en 1964, Sutherland e R. A. G. Carson asumiron conxuntamente a dirección editorial dos traballos.[6]

Outras obras editar

En 1978, R. A. G. Carson e outros autores editaron unha obra conxunta en homenaxe a Sutherland, titulada Scripta Nummaria Romana. Essays Presented to Humphrey Sutherland, que agrupa contribucións de máis dunha ducia de autores sobre numismática romana, así como unha bibliografía de Sutherland compilada por J. M. Trafford.[7]

Notas editar

  1. "Sutherland, (Carol) Humphrey Vivian". En Oxford Dictionary of National Biography.
  2. Carson, R. A. G. Carol Humphrey Vivian Sutherland. 1908-1986. The British Academy. Páxinas 490-499.
  3. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  4. Zehnacker (1986). Páxina 202.
  5. Zehnacker, H. (1985)
  6. Zehnacker (1986). Páxina 203.
  7. Carson R.A.G. et al. Scripta Nummaria Romana. Essay Presented to Humphrey Sutherland. Spink and Son. Londres, 1978. ISBN 978-0900696800

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Predecesor:
Harold Mattingly
 
Presidente da Royal Numismatic Society

1948 - 1953
Sucesor:
Michael Grant