Carlos Baliñas Pérez

escritor e historiador galego
(Redirección desde «C. Baliñas Pérez»)


Carlos Baliñas Pérez, nado en León o 8 de marzo de 1961, é un escritor e historiador galego.

Infotaula de personaCarlos Baliñas Pérez
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
León, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCarlos Baliñas Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 28744

Traxectoria editar

Criouse en Vigo, Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid e novamente Santiago de Compostela, seguindo a traxectoria profesional do seu pai Carlos Baliñas Fernández. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Historia Medieval en 1984 e se doutorou en 1990.

Foi bolseiro do Consello da Cultura Galega (1986-87) e bolseiro de investigación da Xunta de Galicia (1987-88). No 1992 exerceu como profesor -bolseiro visitante da British Academy. En 1988 comezou a traballar como docente e investigador no campus de Lugo da USC, como profesor axudante de Historia Medieval (1988-93), converténdose en Profesor Asociado (1996-99) e dende 1999 en Profesor Titular. Foi secretario e vicedecano da Facultade de Humanidades de Lugo (2000-2003).

Socio numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales e Vocal da Comisión Territorial de Patrimonio de Lugo da Xunta de Galicia.

Casado con Carmen Martí, ten dous fillos.

Obra editar

  • Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía nobiliar na Galicia altomedieval (718-1037), Santiago de Compostela, 1988.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X. 
  • Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia da alta Idade Media, Santiago de Compostela, 1992.
  • Gallegos del año mil, A Coruña, 1998.

Amais destes libros, ten publicados diversos traballos de investigación sobre a historia social de Galicia (700-1100 d.C.) e sobre a sociedade urbana do Lugo medieval.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar