Códice Magliabechiano

códice pictórico azteca

O Códice Magliabechiano é un códice pictórico azteca creado a mediados do século XVI, no período colonial español temperán. É un dos mellores representantes dun conxunto de códices coñecidos colectivamente como o Grupo Magliabechiano (os outros códices no grupo inclúen o Códice Tudela e o Códice Ixtlilxochitl). O Códice Magliabechiano baséase nun códice descoñecido anterior, que se supón que foi o prototipo do Grupo Magliabechiano. Leva o nome de Antonio Magliabechi, un coleccionista italiano de manuscritos do século XVII, e consérvase na Biblioteca Nacional Central de Florencia, en Italia.

O revés de folio 11 do Códice Magliabechiano, mostrando os sinais de día Sílex (coitelo), Choiva, Flor e Crocodilo.

Foi creado en papel europeo, con debuxos e texto en castelán a ambos lados de cada páxina. O Codex Magliabechiano é principalmente un documento relixioso. Represéntanse diversas divindades, ritos relixiosos indíxenas, traxes e crenzas cosmolóxicas. As súas 92 páxinas son case un glosario de elementos cosmolóxicos e relixiosos. Descríbese o ciclo de 52 anos, así como os 20 nomes de días dos Tōnalpōhualli e as 18 festas mensuais.

Códice Magliabechiano (folio 30).

Imaxes editar

Representacións SVG

Páxinas cheas de iconas

Iconas

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar