O cícero é unha unidade de medida tipográfica pola que se rexe tradicionalmente todo o material de imprenta en varios países da Europa Continental. Divídese en 12 puntos, equivalente a 4,5126 mm no sistema Didot[1].

Esta medida non está internacionalmente unificada. Equivale aproximadamente á pica anglosaxoa: nos Estados Unidos, así como en boa parte dos países hispanoamericanos, chámaselle pica e, aínda que tamén se divide en 12 puntos, é algo menor e equivale a 4,2177 mm. No sistema Fournier ten tamén 12 puntos pero mide 4,2 mm, e na Imprenta Real de Turín (Italia) mide 4,776 mm.

Historia editar

O cícero foi inventado polo tipógrafo Pierre Simon Fournier en 1737. Fournier baseouse nunha letra de 11 puntos coa que se imprimiran en 1469, en Venecia, as Epístolas familiares de Cicerón. De aí deriva o nome de cícero.

O sistema foi perfeccionado uns anos despois por François-Ambroise Didot. A diferenza de Fournier, Didot non se baseou en ningunha letra existente, senón no nonio ou pé de rei. Estableceu que 72 cíceros equivalían a un pé de rei e 12 puntos Didot a 13 puntos Fournier.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar