Célula xustaglomerular

As células xustaglomerulares, tamén chamadas células granulares do ril, son un tipo de células especializadas que se atopan nos riles. Teñen a función de sintetizar, almacenar e secretar renina. A renina é un encima que forma parte do sistema renina-anxiotensina-aldosterona e exerce importantes funcións na regulación da presión arterial, o volume extracelular e a concentración de sodio e potasio no sangue. As células xustaglomerulares, xunto coa mácula densa forman a estrutura denominada aparato xustaglomerular. [1]

Situación das células xustaglomerulares xunto a arteriola aferente.
Esquema dun glomérulo renal. As células xustaglomerulares identifícanse co número 6.
A – Glomérulo
B – Túbulo contornado proximal
C – Túbulo contornado distal
D – Aparato xustaglomerular
1. Membrana basal glomerular
2. Capa parietal da cápsula de Bowman
3. Capa visceral da cápsula de Bowman
3a. Pedicelos (procesos pediculados dos podocitos)
3b. Podocito
4. Espazo de Bowman
5a. Mesanxio – célula intraglomerular
5b. Mesanxio – célula extraglomerular
6. Células xustaglomerulares
7. Mácula densa
8. Miocitos (músculo liso)
9. Arteriola aferente
10. Capilares glomerulares
11. Arteriola eferente
Juxtaglomerular Apparatus and Glomerulus esp.jpg

FunciónEditar

As células xustaglomerulares segregan renina en resposta a tres tipos de estímulos:[2]

Tumor de células xustaglomerularesEditar

O tumor de células xustaglomerulares, tamén chamado reninoma, é un raro tipo de tumor renal que se caracteriza pola produción de elevadas cantidades de renina, polo que provoca hipertensión arterial. [3]

NotasEditar

  1. Bases de la fisiología. Autores: Meritxell López, Beatriz Gal Iglesias. Editorial Tebar. Consultado o 31 de agosto de 2018.
  2. Jackson, B.A.; Ott, C.E. (1999). "Ch.5 Maintenance of body fluid osmolarity and volume". En Fence Creek Editors. Renal system. Integrated medical science. ISBN 9781889325316. 
  3. Tumor de células yuxtaglomerulares como causa de hipertensión curable: presentación de un caso. Nefrologia (Madr.) 2015;35:110-4 | doi: 10.3265/Nefrologia.pre2014.Sep.12623. Consultado o 31 de agosto de 2018.