Célula amácrina
As células amácrinas son un tipo de interneuronas presentes na retina do ollo. Son as responsables do 70% dos sinais de entrada que reciben as células ganglionares da retina. Ademais, as células bipolares da retina, que son as responsables doutro 30% dos sinais, están reguladas polas células amácrinas. As células amácrinas conectan cos axóns das células bipolares e coas dendritas das ganglionares, e tamén con outras células amácrinas.
Introdución
editarAs células amácrinas funcionan na capa plexiforme interna (IPL), que é a segunda capa sináptica da retina, onde as células bipolares e as ganglionares da retina establecen sinapses. Hai uns 40 tipos de células amácrinas, a maioría dos cales non teñen axóns. Igual que as células horizontais da retina, as células amácrinas funcionan enviando impulsos lateralmente na retina, afectando aos sinais de saída enviados polas células bipolares, pero a súa tarefa é a miúdo máis especializada. Cada tipo de célula amácrina conecta cun tipo particular de célula bipolar, e xeralmente usa un tipo determinado de neurotransmisor. Unha desas poboacións celulares é AII, que conecta os circuítos de células bipolares dos bastóns cos circuítos de células bipolares dos conos. Deste modo, conecta o sinal de saída enviado polas células bipolares dos bastóns co sinal de entrada recibido polas células bipolares dos conos, e desde alí o sinal pode viaxar ás respectivas células ganglionares.
Clasifícanse pola amplitude do seu campo de conexión, pola capa do estrato da capa plexiforme interna na que están, e polo seu tipo de neurotransmisor. A maioría son inhibitorias e utilizan os neurotransmisores GABA ou glicina.
Funcionalidade
editarSábese relativamente pouco das funcións das células amácrinas. As células amácrinas con grandes árbores dendríticas pénsase que contribúen a realizar inhibicións por retroalimentación nos niveis das células bipolares e ganglionares. Neste papel considéranse que suplementan a acción das células horizontais. As células amácrinas envían moitos máis sinais de entrada ás células ganglionares M (magnocelulares) ca ás P (parvocelulares).
Outras formas de células amácrinas probablemente xogan papeis modulatorios, que permiten o axuste da sensibilidade para a visión fotópica (con moita luz) e escotópica (con pouca luz). As células amácrinas AII (tamén chamadas células amácrinas dos bastóns) son mediadoras de sinais chegados desde os bastóns en condicións escotópicas.
Organización
editarAs células amácrinas e outras interneuronas da retina é menos probable que se encontren preto doutras células do mesmo subtipo do que se esperaría por pura casualidade, polo que se orixinan "zonas de exclusión" que as separan. Estas disposicións en mosaico proporcionan un mecanismo para distribuír cada tipo celular de forma uniforme pola retina, asegurando que todas as partes do campo visual teñen acceso a un conxunto completo de elementos procesadores.[1] Na retina do rato as proteínas transmembrana MEGF10 e MEGF11 teñen papeis críticos na formación de mosaicos polas células amácrinas starburst e as células horizontais.[2]
Notas
editar- ↑ Wassle, H.; Riemann, H. J. (22 March 1978). "The Mosaic of Nerve Cells in the Mammalian Retina". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 200 (1141): 441–461. doi:10.1098/rspb.1978.0026.
- ↑ Kay, Jeremy N.; Chu, Monica W., Sanes, Joshua R. (2012). "MEGF10 and MEGF11 mediate homotypic interactions required for mosaic spacing of retinal neurons". Nature. doi:10.1038/nature10877.
- Nicholls, John G.; A. Robert Martin, Bruce G. Wallace, Paul A. Fuchs (2001). From Neuron to Brain. Boston, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc. ISBN 0-87893-439-1.
- Masland RH (2001). "The fundamental plan of the retina". Nat. Neurosci. 4 (9): 877–86. PMID 11528418. doi:10.1038/nn0901-877.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Webvision
- MeshNumber - A08.663.358.050 - Amacrine+Cells [1]
- Eye Brain and vision bookArquivado 05 de outubro de 2020 en Wayback Machine. Hubel D (1988) Eye Brain and Vision, libro dispoñible en liña.
- NIF Search - Amacrine Cell do Neuroscience Information Framework