Cécile La Grenade

gobernadora xeral de Granada

Cécile Ellen Fleurette La Grenade, nada en La Borie, Saint George, illa de Granada, o 30 de decembro de 1952, é unha científica alimentaria granadina que exerce como gobernadora xeral de Granada dende o 7 de maio de 2013, sucedendo a Sir Carlyle Glean.[1] Foi a primeira muller que se converteu en gobernadora xeral dende a independencia de Granada en 1974.[2]

Infotaula de personaCécile La Grenade

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
La Borie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Governor General of Grenada (en) Traducir
7 de maio de 2013 –
← Carlyle Glean (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGranada, Caribe Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade das Indias Occidentais Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica , política Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: La_Grenade-12

Traxectoria editar

La Grenade é a terceira das 5 fillas de Allan A. La Grenade, funcionario, e Sibyl Sylvester-La Grenade, enfermeira. A súa avoa materna, Mary Louise "Eva" Ollivierre-Sylvester, foi a primeira muller nas Illas de Barlovento Británicas en ocupar un escano no consello lexislativo do seu país, despois de ser elixida en 1952, menos dun ano despois de aprobarse o sufraxio universal.

La Grenade é nutricionista e formouse nos Estados Unidos. É licenciada en química pola Universidade das Indias Occidentais, e ten un mestrado e un doutoramento en Ciencias dos alimentos pola Universidade de Maryland.[3] A súa designación como gobernadora xeral anunciouse a mesma semana en que morreu a primeira muller gobernadora de Granada, Hilda Bynoe. Bynoe era afillada do avó materno de La Grenade, Cyril I. St Bernard Sylvester, educador e funcionario público.

Honras editar

Honras estranxeiras editar

Notas editar

  1. Redacción. "Grenada Names First Female Governor General, Cecile La Grenade". caribjournal.com (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  2. Antes da independencia, Dame Hilda Bynoe foi a primeira muller que ocupou un posto de gobernadora dun territorio da Commonwealth entre 1967 e 1972.
  3. 3,0 3,1 "Dr. Cecile La Grenade". gov.gd (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  4. "Imaxe fotográfica". constantinian-caribbean.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  5. "Governor General of Grenada attends Autumn Delegation Dinner of the Constantinian Order". constantinian.org.uk (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  6. "Imaxe fotográfica". constantinian.org.uk/. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  7. "Imaxe fotográfica". zimbio.com. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  8. "Imaxe fotográfica". zimbio.com. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • United Nations CEDAW/C/GRD/Q/1-5/Add.1 :Convention on the Elimination of All Forms of Discrimination against Women; Distr.: General, 4 de novembro de 2011; ADVANCE UNEDITED VERSION (p. 14)
  • Shepherd, Verene A., ed. (1999). Women in Caribbean History (en inglés). Kingston: Ian Randle. ISBN 978-1558761896. 

Ligazóns externas editar