Abrir o menú principal

Salvador Cánovas Cervantes

(Redirixido desde "Cánovas Cervantes")

Salvador Cánovas Cervantes, nado en Cartaxena o 13 de novembro de 1880 e finado en Caracas en 1949, foi un avogado, xornalista e historiador español.

Salvador Cánovas Cervantes
Salvador Cánovas Cervantes.png
Nacemento13 de novembro de 1880
 Cartaxena
Falecemento1949
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de La Laguna
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito pola Universidade de La Laguna. En 1902 era secretario da asociación Club Republicano Federal "Los Girondinos" de Barcelona presidida por Federico Gironella. Colaborou en La Tribuna de Barcelona e El Mundo de Madrid e foi redactor de Las Noticias de Barcelona. En 1910 participou na campaña de mitins agrarios de Acción Gallega. Fundador e primeiro director do maurista La Tribuna de Madrid (1911-1923), foi proclamado deputado por Almadén polo artigo 29 na elección parcial de 24 de setembro de 1916. Despois foi director de La Tierra (1930-1935), publicación próxima ás posicións anarquistas. En xuño de 1936 promoveu e dirixiu a revista mensual Energías[1]. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na redacción de Solidaridad Obrera. Tamén dirixiu o periódico anarquista Castilla Libre.

Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi director de Democracia (1939) publicado polo Consello xeral do movemento libertario español. Na liberación de Francia era redactor de Solidaridad Obrera. En decembro de 1947 marchou a Venezuela e morreu en Caracas en 1949.

ObrasEditar

  • Pugna entre dos poderes. Soberania y monarquia absoluta, 1929.
  • Como llego a reinar Fernando VII, 1930.
  • El primer pronunciamiento, 1930.
  • Apuntes históricos de Solidaridad Obrera. Proceso historico de la revolucion española, 1937.
  • Pugna entre dos poderes. La soberania nacional triunfa sobre la monarquia absoluta, 1937.
  • La revolucion de julio de 1936, 1938.
  • De Franco a Negrin pasando por el partido comunista. Historia de la revolucion española, 1945.
  • Durruti y Ascaso. La CNT y la revolucion de julio, 1948.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • López de Zuazo Algar, Antonio (1981). Catálogo de periodistas españoles del siglo XX. Madrid: Fundación Universidad - Empresa. ISBN 84-86227-81-X. 

Ligazóns externasEditar