Cándido Viana Valentín

futbolista catalán

Cándido Viana Valentín, nado en Badalona (provincia de Barcelona) o 10 de xaneiro de 1959, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Cándido Viana Valentín
Información persoal
Nacemento 10 de xaneiro de 1959
Lugar de nacemento Badalona
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse no Sant Gabriel, de Sant Adrià de Besòs. En 1973 pasou á canteira do FC Barcelona chegando a ser un referente do FC Barcelona B. En 1979 xogou cedido no Atlético Monzón mentres cumpría o servizo militar.

Ante a falta de oportunidades no primeiro equipo foi cedido ao CA Osasuna na Primeira División na tempada 1983/84. O seu bo papel fixo que fichase polo Celta de Vigo en agosto de 1984.

O primeiro ano en Vigo acadou o ascenso a Primeira División, porén na segunda tempada unha lesión no talón de Aquiles mantívoo sen xogar gran parte do ano, e ese ano o equipo volveu descender. A tempada 1986/87 sería a máis longa da historia da Liga, na que o Celta ascendeu despois dunha grande actuación dos dianteiros Baltazar, máximo goleador da categoría, e Pichi Lucas.

Deixou o Celta en agosto de 1989, e volveu a Cataluña para xogar no Palamós CF.

Unha vez retirado comezou a súa carreira de adestrador, dirixindo o Badaloní, Mataró, CF Badalona, AE Prat e Palamós CF.