Cámara de caixón

As cámaras de caixón son unha evolución das cámaras estenopeicas (cámaras sen lente, de visión directa), que ao contrario destas últimas, utilizan placas ou carretes. O seu nome débese á forma cadrada, como unha caixa. Teñen un mecanismo moi sinxelo e unha lente en menisco.

Cámara Goldy 6x9.

HistoriaEditar

As cámaras de caixón xurdiron no século XIX. Nun primeiro momento empregábanse para iluminar placas fotográficas (son un soporte fotográfico feitas de vidro). Co paso do tempo foi avanzando e pasaron a empregarse carretes fotográficos (carretes de acetona).

A primeira marca que as comercializou foi Kodak, foron fabricadas por George Eastman en 1888.

Ao principio a xente mercaba a cámara xunto ao carrete (cun custo bastante elevado), posteriormente facían as fotografías e ao remata-lo carrete enviábano xunto coa cámara á empresa onde a mercaran para que ó revelasen. De seguido púñanlle un novo carrete e enviábanlla de novo ao cliente.

En 1895 saíu ao mercado a nova Kodak Pocket; en 1900 lanzouse ao mercado a Kodak Brownie, que chegou ao gran público.

Nesa época non existía a ampliación dos negativos, polo que as fotografías debían ser feitas directamente no tamaño desexado, polo tanto, existían distintos tamaños de cámaras (6x9 e 6x7)

Kodak foi o pioneiro e precursor dende Nova York ata 1915, momento no que Alemaña empezou a competir con eles. A marca Agfa fabricou uns rolos fotográficos utilizados nas primeiras cámaras de caixón do país xermano, as Ernemann Film K. Ao final dos anos 20 comezaron a aparecer numerosos fabricantes, o que fixo que aumentase a súa popularidade. Produtores como Atlissa cambiaron o formato e marcaron o camiño para as cámaras de caixón da posguerra.

Aplicáronselles impostos ás cámaras americanas, pasaron a ser mais caras, polo que non puideron competir coas alemás, que eran moito máis baratas. Isto provocou que aumentara a súa popularidade.

Coa chegada da Segunda Guerra Mundial paralizouse a súa fabricación e distribución debido a que as empresas fotográficas foron utilizadas para fins bélicos.

O seu rexurdimento comezou en 1949, cando apareceron fabricantes tradicionais que se aproveitaron do avance na fotografía e incluíron melloras, como os conectores a flash de lámpada dun único uso, novos formatos e deseños.

Ao redor de 1950, o concepto de cámara de caixón quedou anticuado, a xente deixou de mercalas e foron substituídas polas cámaras compactas de rolo.

A Agfa Clack de Bakelita é o mellor exemplo do final da época das cámaras de caixón. Porén, algúns fabricantes tradicionais seguiron producíndoas ata comezo dos anos 70.

 
Cámara Kodak Brownie Starlet dos anos 40. É a seguinte ás cámaras de caixón

Francia e Inglaterra tamén fabricaron este tipo de cámaras pero a menor escala.

Pasaron a ser cámaras que se lles regalaban aos nenos e nenas para que comezaran na fotografía, xa que eran moi sinxelas. 

CompoñentesEditar

CorpoEditar

Ao principio eran cámaras fabricadas en pel, sen decoración; máis tarde pasarían a ser de metal estampado cos frontais máis rechamantee visiblemente moito máis atractivos

ObxectivoEditar

Este tipo de cámaras eran moi baratas, polo que non investían moito diñeiro en melloralas. Perdían nitidez nos extremos do negativo, unicamente se atopaba nítido o centro. A maioría delas non posuían enfoque a distancia, soamente as de alta gama.

DiafragmaEditar

É un elemento das cámaras que reduce o paso da luz. Debido a que este tipo de cámaras fotografaban moi escuro, a maioría delas non posuían este elemento. É útil para fotografar lugares con moita luz

 
Parte interior

ObturadorEditar

É un dispositivo que permite regular o tempo de exposición á luz. Consiste nunha chapa metálica cun buraco que, ao xirar mediante unha panca, deixa pasar a luz, xa que o buraco coincide co obxectivo nun determinado momento. Nas primeiras cámaras de caixón a panca accionaba o obturador tanto ao subila como ao baixala, o que supoñía bastantes dificultades para as usuarias/os; moitas veces non sabían se estaba accionado ou non. Posteriormente mellorárona e retrocedía automaticamente.

Debido á velocidade de obturación, 1/30s, moitas fotografías saían movidas, polo que había que fixar a cámara nun lugar.

VisoresEditar

O formato mais común do negativo era o 6x9, xa que a cámara é rectangular. Posuían un único visor. Posteriormente mellorouse e pasou a posuír dous visores que, co paso do tempo, foron modificándose ata colocar un á dereita e outro á esquerda. Estes visores estaban feitos dunha lupa brillante.

Encadrar as fotografías con este tipo de cámaras era difícil, xa que a imaxe estaba invertida, había que move-la cámara ao lado contrario ao que se quería encadrar. Ademais, non era perfecto xa que o que se ve non é exactamente o que vai saír no negativo e moitas veces a xente corría risco que o negativo lle saíse mal.

Despois da guerra, os negativos pasaron a ser de 6x6 ou 4x4, cadrados.

Tamén cómpre destacar que existía un tipo de cámaras de caixón que tiñan o visor abatible, normalmente un marco de metal para apuntar.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar